Skip to Content

Proceso de ADMISIÓN DE ALUMNADO no CEIP de Caión. Curso 21-22.

Dende o día 1 ao 22 do mes de marzo, poden proceder á solicitude de admisión para o novo alumnado. 

Teñen a súa disposición a solicitude na dirección do centro ou pode descargala no seguinte enlace. Tamén existe a posibilidade de cubrir a solicitude online na aplicación da Xunta "admisionalumnado". En todo caso deberá ser presentada finalmente no centro, a non ser que se valide na SEDE ELECTRÓNICA. (é preciso ter activado o servizo Chave 365 ou Certificado electrónico).

 O proceso terá o seguinte calendario:

Calendario do proceso de admisión para o curso 2019/20 
Publicación de vacantes 1 de marzo
Presentación de solicitude de admisión  Do 1 ao 22 de marzo
Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos  Antes o 26 de Abril
Publicación de listaxes definitivas  Antes de 15 de maio
Formalización de matrícula  Do 20 ao 30 de xuño

  Solicitude de admisión: Do 1 ao 22 de marzo (premer para descargar e cubrir a solicitude)

  • Para alumnado que non está actualmente matriculado no centro. É dicir, novas matrículas para o curso 2021/22.

Documentación: Como indica o punto 5 da orde do 25 de xaneiro, coa solicitude de admisión adxuntarase:

  • Impresos de solicitude cumprimentados
  • Copia DNI da persoa solicitante e dos membros computables da unidade familiar, cando denegue a consulta.
  • Documentación acreditativa do requisito de idade do/da alumno/a.
  • Documento acreditativo de estar en dispoisición de reunir os requisitos académicos exixidos en cada nivel educativo ou etapa nos termos do Anexo II.
  • Convenio regulador ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio, se é o caso.
  • Xustificantes se o alumnoa/a presenta necesidades específicas de apoio educativos (achegando, se fose o caso, a documentación que acredite as circunstancias alegadas).

Unha vez transcurrido o prazo de admisión e publicadas as solicitudes admitidas, neste enlace podedes descargar a solciitude de formalización de matrícula (no mes de xuño con Anexo III).

Prazas vacantes
  EDUCACIÓN INFANTIL
Niveis 4º INFANTIL 5º INFANTIL 6º INFANTIL
Prazas ofertadas

10

2 (NEE)

2  13
  EDUCACIÓN PRIMARIA
Niveis 1º CURSO 2º CURSO 3º CURSO 4º CURSO 5º CURSO 6º CURSO
Prazas ofertadas 5 2 6 3 4 4

  HORARIOS 

HORARIO LECTIVO: 9:30h - 14:30h.

SAÍDA TRANSPORTE ESCOLAR: 14:30H

SERVIZO DE COMEDOR: De 14:30 a 16:00h

   SERVIZOS EDUCATIVOS COMPLEMENTARIOS

  • TRANSPORTE ESCOLAR: Servizo gratuíto para alumnado que vive a máis de 2 km do centro. As prazas libres poden ser solicitadas polo resto do alumnado pertencente a área de influenza do centro.
  • COMEDOR ESCOLAR:Servizo de pago que é xestionado pola ANPA. Os usuarios poden ser fixos, fixos-discontinuos ou esporádicos.
  • BIBLIOTECA - LUDOTECA -SALA DE ESTUDOS: (de valde) O alumnadoterá a súa disposición dende ás 16:00h ata as 18:00h de luns a xoves. Estas actividades son guiadas por profesorado do centro.
  • OUTRAS ACTIVIDADES (ANPA E CONCELLO): Ofertan distintas actividades de pago ou de valde segundo demanda en horario de 16:00h a 18:00h.

 OUTRAS INFORMACIÓNS DO PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2021-2022

-DECRETO 254/2012 ( Admisión de alumnado en centros docentes).

-ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado.

-ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos público. 

-ORDE do 18 de decembro de 2020 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado

-ANUNCIO DO SORTEO PÚBLICO ANUAL DAS LETRAS DE PRIORIDADE PARA RESOLVER OS EMPATES NO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO NO CURSO 2020/21

- Indicacións para cubrir o Anxo II.

-Enlace á web da Xunta con información sobre o procedemento.

- Publicación de vacantes.

 
-Enlace á aplicación de solicitude de praza admisionalumnado da Xunta.

RESERVA DE PRAZA DO ALUMNADO NO IES AGRA DE LEBORÍS

O noso CEIP de Caión, como sabedes, está adscrito ao IES Agra de Leborís (A Laracha), isto quere dicir que os nosos alumnos/as poden reservar praza, si así o quixeren, neste instituto. O prazo de reserva é dende o día 11 de xaneiro ao 8 de febreiro, e debe  entregarse a solicitude á titora no centro (formulario normalizado (ED550A) debidamente cumprimentada) ou a través da aplicación "admisiónalumnado" cuxo link é o seguinte https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

Os nenos/as que desexen ir a outro instituto non poden facer reserva de praza. Deberán presentar solicitude de admisión no centro da súa elección entre o 1 e o 20 de marzo.

Un neno/a que non reserve praza no IES Agra de Leborís (A Laracha) no prazo establecido perderá os seus dereitos sobre a mesma.

Así mesmo un neno/a que ten unha reserva presentada para o IES Agra de Leborís, non pode solicitar outro centro sen renunciar a súa reserva antes do 1 de marzo, pois perdería o dereito de prioridade en ambas.

 

IMPRESO RESERVA

CIRCULAR INFORMATIVA ÁS FAMILIAS DE 6º

 

ORDE 12 DE MARZO DE 2013

ORDE 18 DE DECEMBRO DE 2020

WEB COA INFORMACIÓN DA CONSELLERÍA

LIMPEZA COLECTIVA DA PRAIA DE CAIÓN

 

O vindeiro venres 16 colaboraremos na limpeza organizada pola ADEGA simultaneamente en varios puntos de Galicia os días 16 (para centros educativos) e 17 de outubro. As previsións meteorolóxicas son boas, polo que agardamos non ter que adiar a data.

 

Ante o gran problema que está a supoñer a contaminación dos nosos mares polo vertido indiscriminado de lixo e plásticos, parécenos de vital importancia inculcar no noso alumnado actitudes de respecto e coidado do medio ambiente, e coidamos que non hai  mellor maneira de facelo que atallando o problema dende o máis próximo, o que ven cada día.

 

Por esta razón recibimos a invitación por parte da ADEGA (Asociación para a defensa ecolóxica de Galicia) de colaborar nesta IX Edición da limpeza de simultánea de praias e, ao sermos un centro educativo, farémola un venres.

 

O Concello da Laracha tamén colaborará dun xeito activo, facilitando medios e materiais precisos para que a limpeza poida facerse segura e eficazmente. Recomendamos a todo o alumnado que veña con lubas (a pesar de que o Concello aportará algúns de latex para quen non teña). Deste xeito xeraremos menos lixo e poderedes reutilizalos na casa para outras actividades.

 

Moi ao noso pesar, nesta ocasión non poderemos contar coa axuda e colaboración dos familiares do alumnado así como outros centros educativos e asociacións que axudaban outros anos, chegando a ser preto de 400 persoas na edición pasada. Farémolo de xeito adaptado á situación ocasionada polo Protocolo COVID, e cada clase recollerá as zonas asignadas a tal fin de xeito que non se mesturen entre elas.

 

Ide practicando a canción!!

 

 

 

 

 

Aberto o prazo para solicitar as bolsas de estudos e as axudas ao alumnado para a adquisición de material informático convocadas polo Concello

Dende o pasado 17 de setembro o Concello vén de publicar dous programas de axudas para estudantes convocados polo Concello da Laracha:

  • Por unha parte está a habitual convocatoria de axudas ás familias para a escolarización dos seus fillos/as.

DESCARGUE AQUÍ O FORMULARIO DE INSCRIPCIÓN

  • A outra convocatoria municipal de axudas aos estudantes realízase excepcionalmente e ten por obxecto subvencionar a adquisición de material informático ao longo do ano 2020. O programa está pensado especificamente para o alumnado que comprase ou vaia comprar antes de final de ano un ordenador persoal, tableta, impresora ou libro electrónico para adaptarse ás circunstancias da suspensión das clases presenciais desde o mes de marzo debido á Covid-19 e poder participar nelas de xeito telemático. Neste caso, a contía das axudas será de 200 euros por beneficiario.

DESCARGUE AQUÍ O FORMULARIO DE SOLICITUDE

O prazo de solicitude (20 días naturais) permanecerá aberto ata o 7 de outubro. Os impresos poden presentarse en liña a través da sede electrónica ou tamén acudindo de xeito presencial ao Concello, para o que é preciso solicitar cita previamente chamando ao 981605001.  Podedes descargar os impresos dos anteriores enlaces ou solicitar unha copia no centro.

 

MÁIS INFORMACIÓN NA WEB DO CONCELLO: PREMA AQUÍ.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut