Skip to Content

Fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar. Curso 22-23.

No presente curso vense de publicar as diferentes axudas da Consellería para adquisición de libros de texto e material escolar. Como sabedes non temos libros de texto en ningún curso, mais o curso que vén implementaremos o traballo coas Snappets nos cursos de 1º a 4º de Primaria.

 Convócanse as seguintes axudas:

 . Fondo Solidario de Libros de texto (3º a 6º de Educación Primaria). (nós non temos)

. Axudas para mercar libros de texto (1º e 2º de Educación Primaria) (tamén compatible coa licenza de uso de Snappet).

    • Rendas per cápita iguais ou inferiores a 6.000 euros : 210 euros.
    • Rendas per cápita entre 6.000 e 10.000 euros: 140 euros.
    • Minusvalía igual ou superior ao 65%: 275 euros.

  . Axudas para material escolar (Todos os cursos de Educación Primaria): rendas per cápita iguais ou inferiores a 6.000 euros: 50 euros.

 PRAZO DE PRESENTACIÓN: Ata o 22 de Xuño. Deberá presentarse preferiblemente por internet na aplicación Fondolibros. Para presentación no centro é IMPRESCINDIBLE PRESENTARSE PERSOALMENTE UN DOS PROXENITORES. O horario será martes, xoves e venres de 09:30 a 10:20. Para outras franxas horarias é preciso solicitar cita previa. AQUÍ podedes descargar os anexos (ou solicitade unha copia na dirección do centro).

 Calquera dúbida solucionarase  por teléfono: 881880694 ou por correo electrónico: ceip.caion@edu.xunta.gal

 

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:

 . Fotocopia do Libro de Familia (imprescindible).

 . Anexos I e II (nun mesmo formulario). Poden imprimirse da aplicación Fondolibros ou obterse no propio centro ou descargándoos aquí.

 . Sentenza xudicial e/ou convenio regulador (só nos casos de separación ou divorcio).

 . Fotocopia do DNI (só se non permite a comprobación telemática).

 . Declaración da renda 2020 (só se non permite a comprobación telemática).

 . Certificado de minusvalía (só se non permite a comprobación telemática ou non está avalada pola Xunta).

 . Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero (de ser o caso).

 . Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos Servicios Sociais (só se o/a pai/nai non ten DNI).

 Presentarase unha única solicitude para todos os irmáns matriculados no mesmo centro

 No caso de realizar dita solicitude por vía telemática (Internet), terán cubrir unha solicitude por fillo.

 Para o cómputo da renda, deberán sumarse as casiñas 435 + 460 do exercicio fiscal 2020, de todos os membros computables con ingresos, e dividirse polo número de membros da unidade familiar a 31 de decembro de 2020. Se non se presentou a Renda no 2020, teranse en conta os ingresos de acordo cos datos tributarios facilitados pola AEAT.

Pódese consultar a orde na que se convocan todas estas axudas no seguinte enlace: Orde 22 de abril de 2022

 

ADMISIÓN ALUMNADO. LISTAXES DE ADMITIDOS PARA O CURSO 2022-2023

Procédese á publicación das listaxes provisionais de admitidos para o curso 2022/2023. Todas as solicitudes foron admitidas.

Estas listaxes pódense consultar no taboleiro do centro ou na aplicación admisiónalumnado (empregando a chave 365 ou o certificado dixital). Non se publicarán na web, debido a lei de protección de datos.

Poderase formular reclamación ante o consello escolar no prazo de 5 días hábiles contados a partir do seguinte día ao da súa publicación.

Publicación de listaxes definitivas antes do 16 de maio.

O prazo de formalización de matrícula será do 20 ao 30 de xuño.

2ª Carreira solidaria pola paz ☮️ do CEIP de Caión (a favor de Ucraína).

☮️

Continuando co trabalollo dos ODS, coincidindo co ODS16, O vindeiro venres, 18 de marzo celebraremos a 2ª edición da nosa carreira solidaria que, como lembraredes, o ano pasado foi a favor do Banco de Alimentos.

Nesta ocasión queremos contribuír á axuda humanitaria da situación de conflito que se está a producir en Ucraína na actualidade.

Tras a súa aportación e distribución na urna solidaria que temos no colexio poderán participar na carreira co seguinte itinerario:

A recadación de todo o colexio será ingresada na conta bancaria da ONG "Cruz Vermella" que está a traballar na fronteira de Ucraína e nos teñen informado de que a aportación en metálico é a forma máis rápida e efectiva de axudar a salvar vidas e reconstruir comunidades destrozadas.

Estas doazóns farán as veces de patrocinio para que as nosas crianzas corran con maior énfasis, se cadra, a distancia correspondente á súa categoría. Este será o seu horario e número de voltas ao circuito:

  • 10:20h: Ed. Infantil 1: Unha volta ao circuito.
  • 10:30h: Ed. Infantil 2:Unha volta ao circuito.
  • 10:40h: 1º/2º Ed.Primaria: Dúas voltas ao circuito.
  • 10:50h: 3º/4º Ed. Primaria: Tres voltas ao circuito.
  • 11:05: 5º/6º Ed. Primaria: Catro voltas ao circuito.
  • 11:20:Entrega de merenda e foto co donativo recadado.

 Agardámosvos para que poidades darlles o pulo preciso para que corran pola paz como se merece!

Proceso de ADMISIÓN DE ALUMNADO no CEIP de Caión. Curso 22-23.

Dende o día 1 ao 21 do mes de marzo, poden proceder á solicitude de admisión para o novo alumnado. 

Teñen a súa disposición a solicitude na dirección do centro ou pode descargala no seguinte enlace. Tamén existe a posibilidade de cubrir a solicitude online na aplicación da Xunta "admisionalumnado". En todo caso deberá ser presentada finalmente no centro, a non ser que se valide na SEDE ELECTRÓNICA. (é preciso ter activado o servizo Chave 365 ou Certificado electrónico).

 O proceso terá o seguinte calendario:

Calendario do proceso de admisión para o curso 2019/20 
Publicación de vacantes 1 de marzo
Presentación de solicitude de admisión  Do 1 ao 21 de marzo
Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos  Antes o 26 de Abril
Publicación de listaxes definitivas  Antes de 15 de maio
Formalización de matrícula  Do 20 ao 30 de xuño

  Solicitude de admisión: Do 1 ao 22 de marzo (premer para descargar e cubrir a solicitude)

  • Para alumnado que non está actualmente matriculado no centro. É dicir, novas matrículas para o curso 2022/23.

Documentación: Como indica o punto 5 da orde do 25 de xaneiro, coa solicitude de admisión adxuntarase:

  • Impresos de solicitude cumprimentados
  • Copia DNI da persoa solicitante e dos membros computables da unidade familiar, cando denegue a consulta.
  • Documentación acreditativa do requisito de idade do/da alumno/a.
  • Documento acreditativo de estar en dispoisición de reunir os requisitos académicos exixidos en cada nivel educativo ou etapa nos termos do Anexo II.
  • Convenio regulador ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio, se é o caso.
  • Xustificantes se o alumnoa/a presenta necesidades específicas de apoio educativos (achegando, se fose o caso, a documentación que acredite as circunstancias alegadas, se for o caso).

Unha vez transcurrido o prazo de admisión e publicadas as solicitudes admitidas, neste enlace podedes descargar a solciitude de formalización de matrícula (no mes de xuño con Anexo III).

Prazas vacantes
  EDUCACIÓN INFANTIL
Niveis 4º INFANTIL 5º INFANTIL 6º INFANTIL
Prazas ofertadas

25

3 (NEE)

6  2
  EDUCACIÓN PRIMARIA
Niveis 1º CURSO 2º CURSO 3º CURSO 4º CURSO 5º CURSO 6º CURSO
Prazas ofertadas 0 4 3 6 3 4

  HORARIOS 

HORARIO LECTIVO: 9:30h - 14:30h.

SAÍDA TRANSPORTE ESCOLAR: 14:30H

SERVIZO DE COMEDOR: De 14:30 a 16:00h

   SERVIZOS EDUCATIVOS COMPLEMENTARIOS

  • TRANSPORTE ESCOLAR: Servizo gratuíto para alumnado que vive a máis de 2 km do centro. As prazas libres poden ser solicitadas polo resto do alumnado pertencente a área de influenza do centro.
  • COMEDOR ESCOLAR:Servizo de pago que é xestionado pola ANPA. Os usuarios poden ser fixos, fixos-discontinuos ou esporádicos.
  • BIBLIOTECA - LUDOTECA -SALA DE ESTUDOS: (de valde) O alumnado terá a súa disposición dende ás 16:00h ata as 18:00h de luns a xoves. Estas actividades son guiadas por profesorado do centro.
  • OUTRAS ACTIVIDADES (ANPA E CONCELLO): Ofertan distintas actividades de pago ou de valde segundo demanda en horario de 16:00h a 18:00h.

 OUTRAS INFORMACIÓNS DO PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2022-2023

- Anexo II: "ADMISIÓN DE ALUMNADO EN CENTROS DOCENTES SOSTIDOS CON FONDOS PÚBLICOS (ED550B)

- Indicacións para cubrir o Anxo II.

- Anexo III: "DOCUMENTO DE FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA"

-Enlace á web da Xunta con información sobre o procedemento.

- Publicación de vacantes.

 
-Enlace á aplicación de solicitude de praza admisionalumnado da Xunta.
Distribuir contido


by Dr. Radut