Este curso decidimos que era importante coñecer e valorar o estado de condición física dos nosos nenos e nenas a través dun sistema de medición estándar e comparable con datos reais doutros centros educativos da mesma comunidade autónoma. O programa DAFIS, preséntase como unha ferramenta útil para valorar as necesidades de actividade física dun grupo de poboación tan importante como é a infancia. Os resultados obtidos vértense nunha aplicación que facilita coñecer o mapa de actividade física galego e que permite facer fronte ás posibles carencias que poida haber mellorando as posibilidades de práctica de actividade física que se oferten dende os centros e os concellos.
O CEIP de Caión presenta un nivel aceptable pero mellorable, co que temos un bo punto de partida para mellorar a saúde e a calidade de vida do noso alumnado, promocionando hábitos de vida saudables en consonancia co mesmo.
No seguinte enlace, podedes comprobar toda esta información segundo distintos parámetros como idade, IMC, etc:
https://dafis.xunta.es/es/