Skip to Content

Novas de interese

CALENDARIO ESCOLAR CURSO 15-16

Xúntase a Orde do 8 de xuño de 2015 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2015 / 2016, nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia. (premer aquí)

No portal da Consellería tedes toda a información ao respecto sobre o calendario escolar.

 

XORNADA DE PORTAS ABERTAS. MÉRCORES 10 DE XUÑO

O vindeiro mércores 10 de xuño  terá lugar a xornada de portas abertas, coa finalidade de que o alumnado de nova incorporación ao noso centro se adapte e coñeza mellor as instalaciós do centro.

 

Esta actividade é impulsada dende o departamento de Orientación e a nosa orientadora.

 

Horario:
  • 11:10 horas: Recepción dos familiares e alumnado na biblioteca escolar.
  • 11:15 horas: Presentación por parte do director: Benvida e entrega de documentación para a formalización da matrícula.
  • 11:20 horas: Charla informativa da orientadora: sobre as novidades da etapa de Infantil, Período de Adaptación do comezo de curso e algúns consellos para o verán.
  • 11:30 horas: Percorrido polas instalacións do centro, acompañados pola orientadora.
  • 11:45 horas: Visita á aula de Infantil.
  • 12:00 horas: tempo de lecer e convivencia co alumnado de Infantil e primaria no patio.
  • 12:30 horas: Ao finalizar o recreo, remate da xornada.

ELECCIONS AO CONSELLO ESCOLAR. Curso 2014 / 2015

CONSTITUCIÓN DA XUNTA ELECTORAL

 

De conformidade co establecido na Resolución do 19 de setembro de 2014 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (DOG 1/10/14), realizarase proximamente neste Centro a renovación do CONSELLO ESCOLAR que é o instrumento de participación na vida escolar de todos os sectores educativos do Colexio.

A organización e a supervisión do procedemento de elección dos novos membros do Consello Escolar estará a cargo da Xunta Electoral que se constituirá ao efecto, e integrada por:

     - O Director ou directora do Centro.

     - Un profesor ou profesora.

     - Un pai ou nai ou titor legal.

     - Un representante do persoal de administración e servizos (no noso caso non habería, xa que non temos).

Os tres últimos serán designados por sorteo segundo establece o artigo 30 do Decreto 92/1988, do 28 de abril, redactado conforme ao establecido na disposición adicional primeira do Decreto 324/1996, do 26 de xullo (DOG do 9 de agosto). Dito sorteo, que será público e no que se preverá a designación de membros suplentes, celebrarase na biblioteca deste Centro o próximo Martes 28 de outubro ás 12 horas.

 

O resultado do mesmo será exposto na porta do centro e os membros escollidos serán debidamente informados.

CALENDARIO ESCOLAR CURSO 14-15

PINCHADE AQUÍ E VEREDES O CALENDARIO ESCOLAR PARA O PRESENTE CURSO  

 

Se se quere saber máis, aquí se pode consultar toda a información referente ao calendario desenvolta pola Consellería de Educación e O. U. (Orde do 13 de xuño de 2014).

Resolución provisional de centros seleccionados para participar en actividades de inmersión lingüística en Ingles.

Resolución provisional de centros seleccionados, suplentes e excluídos para participar en actividades de inmersión lingüística en inglés dirixidas ao alumnado de sexto curso de educación primaria e de ESO.

 

O pasado venres 18 de setembro resolveuse a Resolución do 5 de xullo de 2013 pola que se regula a convocatoria e a selección de centros docentes dependentes desta consellería para participar en actividades de inmersión lingüística en Inglés dirixidas ao alumnado de 6º curso do noso centro.

 

Aquí tedes toda a información ao respecto:  ENLACE Á PAXINA.

 

Por desgracia non fomos seleccionados. O noso centro quedou de suplente. Velaquí podedes ver as listaxes:

 

Relación provisional de centros seleccionados 6º curso de Educación Primaria.

 

Relación provisional de centros suplentes 6º curso de Educación Primaria .

 

Nun prazo de 5 días confirmaranse os participantes que finalmente gozarán desta experiencia.

 

CALENDARIO ESCOLAR: CURSO 2013 / 2014

PINCHADE AQUÍ E VEREDES O CALENDARIO ESCOLAR PARA O PRESENTE CURSO  

 

Se se quere saber máis, aquí se pode consultar toda a información referente ao calendario desenvolta pola Consellería de Educación e O. U. (Orde do 24 de maio de 2013).

COMEZO DAS CLASES E PERÍODO DE ADAPTACIÓN. CURSO 13/14

Queremos darvos a benvida ao novo curso académico que nos agarda, informando aos familiares dos nenos e nenas do CEIP de Caión que o vindeiro mércores 11 de setembro comezarán as clases.

O horario será de 9:30 a 14:30 para todos, agás os nenos de 3 anos que comezarán co período de adaptación. Para favorecer a incorporación destes nenos por primeira vez á nosa escola procederase a unha flexibilización horaria que quedará establecida da seguinte xeito:

§  Mércoles 11 e xoves 12 de septembro; de 11:30 a 13:00.

§  Venres 13, luns 16 e martes 17; de 11:30 a 13:30.

§  Mércores 18, xoves 19 e venres 20: 10:20 a 13:40.

A partir de ahí, o horario será o propio da xornada escolar.

Saúdos e deica o mércores!

ADMISIÓN DO ALUMNADO PARA O CURSO 2013/2014

INFORMACIÓN PARA O ALUMNADO NOVO PARA O CURSO 2013/2014

 

 

O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN (ALUMNADO NOVO) É DO 5 AO 17 DE ABRIL , AMBOS INCLUÍDOS.

DAMOS A BENVIDA AO NOVO CURSO ACADÉMICO 2012-2013

O vindeiro mércores 12 de setembro darán comezo as clases do presente curso académico. Tras un tempo de lecer é tempo de volvernos ver coas pilas ben cargadas.

 

Como sabedes este ano temos algún cambio na organización escolar e de seguro que tedes algunha dúbida ao respecto. Deste xeito, o mércores 12, ás 9:30, a Directora fará unha reunión informativa para as familias dos nenos e nenas de Educación Primaria.

 

 


CALENDARIO ESCOLAR 2011-2012

Distribuir contido


by Dr. Radut