Skip to Content

COMEZO DAS CLASES E PERÍODO DE ADAPTACIÓN. CURSO 13/14

Queremos darvos a benvida ao novo curso académico que nos agarda, informando aos familiares dos nenos e nenas do CEIP de Caión que o vindeiro mércores 11 de setembro comezarán as clases.

O horario será de 9:30 a 14:30 para todos, agás os nenos de 3 anos que comezarán co período de adaptación. Para favorecer a incorporación destes nenos por primeira vez á nosa escola procederase a unha flexibilización horaria que quedará establecida da seguinte xeito:

§  Mércoles 11 e xoves 12 de septembro; de 11:30 a 13:00.

§  Venres 13, luns 16 e martes 17; de 11:30 a 13:30.

§  Mércores 18, xoves 19 e venres 20: 10:20 a 13:40.

A partir de ahí, o horario será o propio da xornada escolar.

Saúdos e deica o mércores!

GRATUIDADE SOLIDARIA CURSO 2013/2014

CONVOCOUSE A AXUDA DE LIBROS PARA O CURSO 2013/2014

PARA MÁIS DATOS PREMER AQ

MARENOR

O MARTES 16 DE ABRIL, SAÍMOS DE VISITA Á CETÁREA DE CAIÓN, A PESARES QUE ESTÁ A CARÓN DO COLEXIO, ALGÚN DE NÓS NUNCA ESTIVERAMOS DENTRO. EXPLICÁRONNOS COUSAS MOI INTERESANTES COMO QUE AS LANGOSTAS EMITEN UNS SON PERCEPTIBLES PARA OS HUMANOS, QUE OS BOGAVANTES MUDAN A CUNCHA AO MEDRAR E TARDAN MOITOS ANOS EN ACADAR UN UN BO TAMAÑO.

TAMÉN APRENDIMOS O PERIGO QUE TEN COMER MARISCO SEN PASAR POLA DEPURADORA E SEN TER REXISTRO SANITARIO.

PODEMOS VER MÁIS FOTOS NA GALERÍA

SAÍDA AO MUSEO DE BELAS ARTES DA CORUÑA

O XOVES 11 DE ABRIL, VISITAMOS O MUSEO DE BELAS ARTES DA CORUÑA, ONDE DISFRUTAMOS DAS OBRAS DE PINTORES GALEGOS TAN COÑECIDOS COMO URBANO LUGRÍS, LUÍS SEOANE, CARLOS MASIDE E OUTROS.

ASEMADE POIDEMOS DEMOSTRAR O NOSO TALENTO CUN OBRADOIRO QUE REALIZAMOS NO PROPIO MUSEO.

PARA VER MÁIS FOTOS PREMER AQUÍ

Distribuir contido


by Dr. Radut