Skip to Content

Matrícula do alumnado. Curso 2015/16

Calendario do proceso de admisión para o curso 2015/16
Publicación de vacantes 1 de marzo
Presentación de solicitude de admisión  Do 1 ao 20 de marzo
Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos  Antes o 25 de Abril (aprox. 13 abril)
Publicación de listaxes definitivas  Antes de 15 de maio
Formalización de matrícula  Do 20 ao 30 de xuño

 Reserva de praza: Do 1 ao 15 de febreiro

  • Para o alumnado de 6º de Primaria do noso centro. Estamos adscritos ao IES Agra de Leborís (A Laracha)

 O alumnado  actualmente matriculado no centro ten asegurada a reserva de praza no centro para o próximo curso, salvo que renuncie ao dereito de permanecia asinando o documento enviado a tal efecto ás familias.

 Solicitude de admisión: Do 1 ao 20 de marzo (premer para descargar e cubrir a solicitude)

  • Para alumnado que non está actualmente matriculado no centro. É dicir, novas matrículas para o curso 2015/16.

Documentación: Recomendamos entregar toda a documentación acreditativa de méritos puntuables no momento de presentación da solicitude de admisión para aplicar o baremo correspondente no caso de haber máis solicitudes que prazas.

  • Impresos de solicitude cumprimentados
  • Copia Dni dos pais e do alumno/a se o tivera
  • Copia do libro de familia
  • Tarxeta sanitaria
  • Folla de empadronamento de toda a unidade familiar
  • Condición de familia numerosa e/ou monoparental se procede
  • Xustificantes de concurrencia de minusvalía no alumno/a a matricular ou en titores/as ou irmáns do alumno/a.

 

Formalización de matrícula: Do 20 ao 30 de xuño (premer para descargar e cubrir a solicitude)

Prazas vacantes
  EDUCACIÓN INFANTIL
Niveis 4º INFANTIL 5º INFANTIL 6º INFANTIL
Prazas ofertadas

22

3 (NEE)

21  20
  EDUCACIÓN PRIMARIA
Niveis 1º CURSO 2º CURSO 3º CURSO 4º CURSO 5º CURSO 6º CURSO
Prazas ofertadas 16  22  22 22 17 22

  HORARIOS 

HORARIO LECTIVO: 9:30h - 14:30h.

SERVIZO DE COMEDOR: Estamos en trámite para telo aberto para o vindeiro curso.

SAÍDA TRANSPORTE ESCOLAR: 14:30H

  

SERVIZOS EDUCATIVOS COMPLEMENTARIOS

  • TRANSPORTE ESCOLAR: Servizo gratuíto para alumnado que vive a máis de 2 km do centro. As prazas libres poden ser solicitadas polo resto do alumnado pertencente a área de influenza do centro.
  • COMEDOR ESCOLAR:Servizo de pago que, esperemos, poda comezar para o vindeiro curso. Será xestionado pola ANPA.
  • BIBLIOTECA - LUDOTECA -SALA DE ESTUDOS: (de valde) O alumnadoterá a súa disposición dende ás 16:00h ata ás 18:00h de luns a xoves. estas actividades guiadas por profesorado do centro.
  • OUTRAS ACTIVIDADES (ANPA E CONCELLO): Ofertan distintas actividades de pago ou de valde segundo demanda en horario de 16:00h a 18:00h.

 

OUTRAS INFORMACIÓNS DO PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2015-2016

-DECRETO 254/2012 ( Admisión de alumnado en centros docentes).

-INSTRUCIÓNS DO PROCESO DE ADMISIÓN.

-INSTRUCIÓNS XEFE TERRITORIAL.

-MODIFICACIÓNS.

-ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para
a admisión do alumnado.

AXUDA PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E FONDO SOLIDARIO.

Comunícase que no DOG de 1 de xuño saíron as Ordes que regulan o fondo solidario de libros de texto para 3º e 5º de Primaria (Orde do 21 de maio) e as axudas para adquisición de libros de texto para 1º, 2º, 4º e 6º de Primaria (Orde do 22 de maio).

 

 Axudas para adquisición de libros de texto en 1º,2º,4º e 6º en Educación Primaria para o curso 2015-2016.

 Toda a información AQUÍ

 Descarga da solicitude (pódese descargar ou cubrir en liña e imprimir)

 

 

 Fondo solidario de libros en 3º e 5º de Educación Primaria para o curso 2015-2016.

 Toda a información AQUÍ

 Descarga da solicitude (pódese descargar ou cubrir en liña e imprimir)

 

As solicitudes tamén as podedes recoller na Dirección do centro e poderán entregarse no mesmo.

O prazo de presentación remata o 30 de xuño para 3º e 5º e o 2 de xullo para 1º, 2º, 4º e 6º cursos de Primaria.

XORNADA DE PORTAS ABERTAS. MÉRCORES 10 DE XUÑO

O vindeiro mércores 10 de xuño  terá lugar a xornada de portas abertas, coa finalidade de que o alumnado de nova incorporación ao noso centro se adapte e coñeza mellor as instalaciós do centro.

 

Esta actividade é impulsada dende o departamento de Orientación e a nosa orientadora.

 

Horario:
  • 11:10 horas: Recepción dos familiares e alumnado na biblioteca escolar.
  • 11:15 horas: Presentación por parte do director: Benvida e entrega de documentación para a formalización da matrícula.
  • 11:20 horas: Charla informativa da orientadora: sobre as novidades da etapa de Infantil, Período de Adaptación do comezo de curso e algúns consellos para o verán.
  • 11:30 horas: Percorrido polas instalacións do centro, acompañados pola orientadora.
  • 11:45 horas: Visita á aula de Infantil.
  • 12:00 horas: tempo de lecer e convivencia co alumnado de Infantil e primaria no patio.
  • 12:30 horas: Ao finalizar o recreo, remate da xornada.

Listaxe de alumnado admitido para o curso 2015/2016

 

Para ver a listaxe do alumnado admitido de 3 anos para o vindeiro curso 2015/2016 premer aqui.

 

Lémbrasevos que o prazo de formalización de matrícula será do 20 ao 30 de xuño.

Distribuir contido


by Dr. Radut