Skip to Content

NOVA APLICACIÓN DE COMUNICACIÓN COAS FAMILIAS: TokApp School

Resultado de imagen de tokapp school

Para comunicarnos con vós dun xeito rápido e sinxelo no C.E.I.P DE CAIÓN empregaremos a plataforma TokApp School, invitando a pais e nais a que a descarguedesa aplicación de xeito gratuíto nos vosos teléfonos móbiles ou tablets.

Destacar que esta é unha aplicación, totalmente gratuita, para teléfonos Android, Windows Phone ou iOS. Está dispoñible en Google Play Store, Windows Phone Store e Mac App Store.

Vós teredes que descargala e rexistrarvos, a partir dese momento estaremos en contacto con vós a través da  aplicación. É esencial, por tanto, que o número de teléfono móbil ou dirección de correo electrónico que proporcionou ao centro sexa o correcto, pola contra, deberán ponerse en contacto con C.E.I.P DE CAIÓN para modificalo.

Neste enlace tedes a información sobre cómo realizar a alta: https://www.tokapp.com/tokappschool/faq.

En caso de non ter teléfono con conexión de datos, empregaremos o correo electrónico para comunicarnos con vós. Se alguén ten algún impedimento para recibir a información por calquera destas vías que o comunique na dirección do centro.

LISTAXE DEFINITIVA FONDO DE LIBROS DO ALUMNADO DE EDUCACIÓN PRIMARIA

LISTAXE DEFINITIVA MODIFICADA DA ADXUDICACIÓN DO FONDO DE LIBROS PARA O ALUMNADO DE EDUCACIÓN PRIMARIA. (premer aquí)

Na listaxe anterior engadíronse os libros de adqisicón complementaria que fará o centro e que lle corresponderán a Pedro Fariña López, Xurxo Amado González e Yerai Mallo Rodo.

 

LISTAXE DEFINITIVA DE ALUMNADO EXCLUÍDO DO FONDO DE LIBROS DE EDUCACIÓN PRIMARIA. (premer aquí)

 

Os libros serán entregados en setembro polos seus titores. Xa se poñerán en contacto cos beneficiarios.

LISTAXE DE LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2016 / 2017

PREMEDE NA IMAXE PARA DESCARGAR A LISTAXE DE LIBROS DE EDUACIÓN PRIMARIA. LEMBRADE QUE O ALUMNADO DE ED. INFANTIL TRABALLARÁ SEN LIBROS.

 

Con respecto ao FONDO DE LIBROS (3º, 4º, 5º, 6º) publicaranse as listaxes provisionais de adxudicación o mércores 6 de xuño. Mantéñense os prazos de  dous días, para a reclamación ás listaxes provisionais, a partir da data de publicación, até o venres 8 de xuño ás 14:00, hora á que se publicará a listaxe definitava de adxudicación de exemplares.

Entrega de libros adxudicados: o martes 6 e mércores 7 de setembro.

AXUDAS LIBROS E FONDO SOLIDARIO CURSO 16-17.

Están convocadas, mediante o DOG do 1 de xuño, as axudas para a adquisición de libros de texto para o curso 2015-16. Teñen novedades importantes este ano. Máis información nos seguintes enlaces:

Distribuir contido


by Dr. Radut