Comezamos a actividade da nosa biblio con forza e tivemos a sorte de contar coa visita de Abraham Carreiro, o ilustrador.
Abraham debuxando á Cegoña, mascota da súa colección de contos.
Grazas á súa presencia no noso colexio, puidemos ver a facilidade coa que é capaz de debuxar as personaxes creadas por el. Comezou facendo a mascota da súa colección: “Contos que len outros nenos do mundo”. Deste xeito puidemos ver todo o proceso de elaboración da personaxe, as expresións corporais e todo o que rodea o proceso da ilustración.
Máis adiante empezamos a traballar nós tamén. Tras unhas indicacións feitas por Abraham, procuramos facer os nosos animaliños. Puxemos o noso maior empeño, mais cómpre seguir practicando.
E tras moito traballar chegou a hora de marchar. Pasámolo en grande e encantounos a visita de Abraham. Agora quédanos a lembranza dos seus debuxos feitos do seu puño e letra, os seus autógrafos así coma os seus libros. Gustáronnos moito!
Volve por Caión cando queiras!