O pasado venres 29 de novembro celebrouse a primeira fase de Campo a través dentro do programa Xogade, organizado pola Xunta de Galicia. A competición tivo lugar no polígono de Bértoa, en Carballo e nel participaron numerosos centros educativos da contorna.
A climatoloxía foi benigna e gozamos dun día soleado durante toda a xornada que favoreceu un desenvolvemento máis cómodo da mesma. Dende aquí dar a noraboa a todos e todas os participantes polo esforzo realizado, por seren quen de completar as carreiras en todas e cada unha das categorías, e pola súa implicación e motivación positiva neste evento de convivencia e deporte. Foi todo un éxito!
No seguinte enlace podedes ver a información que publicou ao respecto o concello de Carballo, e que inclúe imaxes dos podios xunto coa clasificación dos e das tres primeiros chegados á meta en cada categoría.
A páxina que se mostra a continuación lévavos á clasificación xeral na que podedes comprobar cal foi a posición de cada participante nesta carreira de campo a través.
https://atletismo.gal/wp-content/uploads/2019/11/rc291119.pdf
Grazas a todos e a todas por asistir!!! E recordámosvos que en breve temos unha nova cita para acompañar ás clasificadas femininas para a vindeira fase. Moito ánimo para elas dende aquí!