Skip to Content

CAMPAÑA SOLIDARIA DE RECOLLIDA DE ALIMENTOS.

Estimadas familias:

Ao longo dos vindeiros 15 días, colaboraremos na "Campaña Solidaria nos Centros educativos" do Banco de alimentos Rias Altas (da Coruña). Tedes até o 19 de xuño para aportar aqueles alimentos non perecedeiros que poidades.

Polo xeral a Federación Española de Bancos de Alimentos recomenda donar alimentos non perecedeiros e envasados en paquetes que non sexan de crital, algo que facilitará o seu transporte. Pódese colaborar con produtos básicos como cereais, legumes, leite ou aceite e tamén produtos como salsas, zumos ou froitos secos. Por outra banda é interesante aportar alimentos precocinados, conservas e alimentos infantís, como leite en po ou potitos.

 

http://www.balrial.org/index.php/colaborar/colegios/

Aquí tedes máis información do Banco de alimentos Rías Altas.

Froita na escola

 

É un programa do Fondo Galego de garantía Agraria (FOGGA) que ten por obxecto a distribución de froitas frescas ao alumnado de centros escolares.

A axuda está destinada ás nenas e aos nenos que asistan regularmente aos centros escolares administrados ou recoñecidos polas autoridades competentes, que pertenzan, no noso caso, aos seguintes niveis de ensino:

  • Segundo ciclo de educación infantil.
  • Educación primaria.

 

A actividade consistirá no reparto de froita fresca a todo o alumnado do centro en horario de recreo nos seguintes periodos:

  • Do 4 ao 8 de xuño.
  • Do 11 ao 15 de xuño.

Listaxes Definitiva de admisión 2018/2019

Admisión alumnado 18-19. CEIP DE CAIÓNPublicamos a listaxes definitiva de alumnado admitido para o vindeiro curso 18-19 no noso centro.

Lembrámoslles que o prazo para formalizar a matrícula é do 20 ao 30 de xuño.

 

A principios de xuño faremos a xornada de portas abertas á que serdes convidados telefónicamente.

 

No caso de atopar algún erro, ábrese un prazo de 10 días contados a partir da presente publicación, para subsanar posibles defectos de forma ou omisión.

 

 

Listaxe 4º de Educación Infantil. CEIP de Caión. CURSO 18/19.

SOLICITUDE DE PRAZA SERVIZO MADRUGADORES CURSO 2018/2019

Dende o Concello da Laracha informan que vén de abrirse o prazo de inscrición no servizo de MADRUGADORES para o vindeiro curso 2018/2019, para o que deberedes presentar unha solicitude de inscrición no mesmo.

O prazo de solicitudes estará aberto desde o 9 de abril ata o 21 de xuño.

ENLACE Á PÁXINA DO CONCELLO COA INFORMACIÓN DO PROGRMA HARMONIZA.

CARTA INFORMATIVA DO CONCELLO SOBRE O MADRUGADORES CURSO 18/19 E MADRUGADORES -  AULA LÚDICA VACACIÓNS DE VERÁN.

DESCARGA FOLLA DE INSCRICIÓN SERVIZO DE MADRUGADORES.

Trátase dun servizo cofinanciado entre as familias e o concello e para que se poña en marcha precisariamos un mínimo de 6 usuarios/as inscritos do noso centro. O servizo de Madrugadores é vital para algunhas familias do centro. Neste pasado curso 2017/2018 non chegamos a ese mínimo e non se puido abrir, cuestión que pode significar a falta de alumnado do noso centro.

Distribuir contido


by Dr. Radut