Skip to Content

Listaxes Provisionais admisión 2019/2020

Publicamos a listaxes provisionais de admitidos para o próximo curso. As listaxes definitivas  publicaranse antes do 15 de maio. Lembrámoslles que o prazo para formalizar a matrícula é do 20 ao 30 de xuño.

A principios de xuño faremos a xornada de portas abertas á que serdes convidados telefónicamente.

No caso de atopar algún erro, ábrese un prazo de 10 días contados a partir da presente publicación, para subsanar posibles defectos de forma ou omisión.

SOLICITUDE DE PRAZA SERVIZO MADRUGADORES CURSO 2019/2020

Dende o Concello da Laracha informan que vén de abrirse o prazo de inscrición no servizo de MADRUGADORES para o vindeiro curso 2019/2020, para o que deberedes presentar unha solicitude de inscrición no mesmo.

O prazo de solicitudes estará aberto desde o 1 de abril ata o 21 de xuño.

ENLACE Á PÁXINA DO CONCELLO COA INFORMACIÓN DO PROGRMA HARMONIZA.

CARTA INFORMATIVA DO CONCELLO SOBRE O MADRUGADORES CURSO 19/20.

DESCARGA FOLLA DE INSCRICIÓN SERVIZO DE MADRUGADORES.

Trátase dun servizo cofinanciado entre as familias e o concello e para que se poña en marcha precisariamos un mínimo de 6 usuarios/as inscritos do noso centro. O servizo de Madrugadores é vital para algunhas familias do centro. Neste pasado curso 2018/2019 non chegamos a ese mínimo e non se puido abrir, cuestión que pode significar a falta de alumnado do noso centro.

CAMPAÑA SOLIDARIA DE RECOLLIDA DE ALIMENTOS

Informamos de que a partir de hoxe levaremos a cabo unha CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE ALIMENTOS, até o vindeiro mércores 27 de marzo. Podedes traer:

  • Conservas de peixe, de vexetais...
  • Leite, cacao e galletas
  • Legumes
  • Aceite
  • Todo tipo de alimentos non perecedeiros

Agardamos contar coa vosa colaboració!

Os alimentos serán depositados na entrada do centro até o propio día da recollida, mais se o podedes traer antes, imos clasificándoos nós.

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

O mércores, 27 de febreiro, de 16:30 a 17:30 horas celebraremos a xornada de portas abertas dirixida ás familias que desexen coñecer o centro.

Se vos interesa o noso centro, para os vosos/as fillos/as, non dubidedes en acudir.

Haberá charlas explicativas, coñecerás a algún dos mestres/as e faremos unha visita por parte das instalacións (logo que a nosa biblioteca está en obras)...

Vén a visitarnos!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut