Skip to Content

LIMPEZA COLECTIVA DA PRAIA DE CAIÓN. NOVA DATA!

O vindeiro venres 25 colaboraremos na limpeza organizada pola ADEGA simultaneamente en varios puntos de Galicia os días 18 (para centros educativos) e 19 de outubro. Nós, por mor do mal tempo, aprazarémola unha semana, agardando que mellore.

Ante o gran problema que está a supoñer a contaminación dos nosos mares polo vertido indiscriminado de lixo e plásticos, parécenos de vital importancia inculcar no noso alumnado actitudes de respecto e coidado do medio ambiente, e coidamos que non hai  mellor maneira de facelo que atallando o problema dende o máis próximo, o que ven cada día.

Por esta razón recibimos a invitación por parte da ADEGA (Asociación para a defensa ecolóxica de Galicia) de colaborar nesta VIII Edición da limpeza de simultánea de praias e, ao sermos un centro educativo, farémola un venres. Por mor do mal tempo previsto para este venres 18, aprázase para o próximo venres 25 de outubro, de 10:00 a 13:00 horas. Levaremos a cabo, á súa vez, o rol de coordinadores de diversas asociacións e empresas que teñen gran vinculación co mar de Caión e que non dubidaron en acudir á nosa chamada (empresas de surf e náutica da nosa vila).

O Concello da Laracha tamén colaborará dun xeito activo, facilitando medios e materiais precisos para que a limpeza poida facerse segura e eficazmente. Recomendamos a todo o voluntariado que acuda á limpeza que veñades con guantes (a pesar de que o Concello aportará algúns de latex para quen non teña). Deste xeito xeraremos menos lixo e poderedes reutilizalos na casa para outras actividades.

Nesta ocasión contaremos tamén coa inestimable axuda de alumnado dos outros centros do noso concello: do CEIP Alfredo Brañas de Paiosaco e do CEIP Otero Pedrayo da Laracha. Aproveitaremos a ocasión para compartir unha mañá de convivencia entre centros.

Como novidade haberá un punto de clasificación dos residuos sacados das praias onde se separán en función do colector ao que deberán ir os mesmos.

Agardamos contar co maior número posible de voluntarios/as polo que, se queredes colabrar, non dubidedes en poñervos en contacto con nós para coordinar mellor as nosas forzas por calquera destas vías:

  • Teléfono: 881880694
  • e-mail: ceip.caion@edu.xunta.es

COMEZO DAS CLASES E REUNIÓN DE INICIO DE CURSO.

QUERIDAS FAMILIAS ,

O VINDEIRO MÉRCORES 11 DE SETEMBRO COMEZAN AS CLASES E O FUNCIONAMENTO DO SERVIZO DE COMEDOR E TRANSPORTE ESCOLAR para todo o alumnado agás o de 4º de Infantil, de nova incorporación, que entrarán e sairán máis tarde.

 

O LUNS 9 DE SETEMBRO, ás 12:30 horas, terá lugar a reunión de principio de curso. Comezaremos cunha información xeral no Andar superior, para continuar coas reunións coas titoras e titores nas clases do alumnado.

 

AXUDAS LIBROS E MATERIAL ESCOLAR CURSO 19-20

Están convocadas, mediante o DOG do 20 de maio as axudas para a adquisición de libros de texto para o curso 2019-20. Teñen novedades importantes este ano.

 

Listaxes Definitiva de admisión 2019/2020.

Publicamos a LISTAXE DEFINITIVA de alumnado admitido para o vindeiro curso 19-20 no noso centro.

Lembrámoslles que o prazo para formalizar a matrícula é do 20 ao 30 de xuño.

O MÉRCORES 05 de xuño faremos a xornada de portas abertas para o alumnado de nova admisión, á que serdes convidados telefónicamente. 

Lembrámosvos que está aberto o prazo de solicitude de prazas no PROGRAMA DE MADRUGADORES. AQUÍ máis información.

 No caso de atopar algún erro, ábrese un prazo de 10 días contados a partir da presente publicación, para subsanar posibles defectos de forma ou omisión.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut