Skip to Content

Reserva de praza no IES Agra de Leborís en 1º da ESO para o vindeiro curso 2020/21

ALUMNADO DE 6º EDUCACIÓN PRIMARIA

 

 O CEIP DE CAIÓN está adscrito ao IES AGRA DE LEBORÍS (A LARACHA), isto quere dicir que o noso alumnado pode reservar praza, se así o decide, nese Instituto.

 

O prazo de reserva de praza é dende o 1 ao 17 de febreiro de 2020 (a.i.).

 

A solicitude deberá entregarse na Secretaría do CEIP de Caión (formulario normalizado ED550A) que achegamos con esta nota informativa, debidamente cumprimentada; Tamén poderase presentar na Sede Electrónica da Xunta de Galicia, para o cal se precisará da Chave 365 ou dun certificado dixital.

As familias poderán cumprimentar as solicitudes de reserva de xeito manual (como en cursos anteriores) e a solicitude deberá entregarse na Secretaría do colexio debidamente cumprimentada. Tamén se pode cumprimentar a través da aplicación admisiónalumnado, no menú Solicitudes – reserva – Crear, aplicación cuxo link é https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/. Así mesmo poderase cumprimentar e presentar a través da Sede electrónica da Xunta de Galicia, para o cal se precisará de Chave 365 ou certificado dixital.

 O alumnado que desexe ir a outro instituto non poden facer reserva de praza. Deberán presentar solicitude de admisión no centro da súa elección entre o 1 e o 20 de marzo.

 O alumnado que non reserve praza no IES Agra de Leborís no prazo establecido perderá os seus dereitos sobre a mesma.

 Así mesmo o alumnado que teña feita a reserva de praza para o IES Agra de Leborís, non poderá solicitar outro centro sen renunciar á súa reserva antes do 1 de marzo, pois perdería o dereito de prioridade en ambas solicitudes.

 Os trámites e prazos deste procedemento establécense na Orde de 12 de marzo de 2013 e na Orde de 25 de xaneiro de 2017 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación.

 De tódolos xeitos achegámosvos en arquivos .pdf adxuntos o modelo de solicitude ED550A para que a poidades descargar e a lexislación correspondente onde se desenvolve todo o procedemento.

Autoridades visitan a nosa BIBLIOTECaión!

 

O vindeiro martes  5 de novembro terá lugar a visita das autoridades ao noso centro e en especial á nosa BIBLIOTECaión, que sufriu unha gran transformación ao longo do curso pasado ao entrar a formar parte da rede de Bibliotecas do PLAMBE (Plan de Mellora das Bibliotecas escolares de Galicia).

   Comprácenos informar de que ao acto virán numerosos persoeiros coma:

  • Carmen Pomar Tojo (Conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional).
  • José Manuel Pinal Rodríguez (Director xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería).
  • Indalecio Cabana Leira (Xefe Territorial de Educación da Coruña).
  • Elisardo López Varela (Inspector do noso centro).
  • Consuelo Gundín Rey (Asesora Bibliotecas).
  • Emilio J. Veiga Río (Director do Centro de Formación e Recursos –CFR).
  • Marta Dopico Vázquez (Asesora do CFR).
  • Javier Pintor Elizalde (Asesor do CFR de Bibliotecas).
  • Jose Manuel López Varela (Alcalde da Laracha).
  • Patricia Bello Canedo (Concelleira Delegada de Cultura, Deportes, Ensino, Xuventude, Turismo e Festas).
  • Ana Mª Pardo Morgade e Romina Senín Senín, representantes da ANPA “A Balea”.

Gustarianos poder convidar a todos os familiares do centro mais non será posible por facérsenos pequena a biblioteca. Seredes informados dos resultados da mesma.

O alumnado de 5º e 6º, os nosos Axudantes da biblioteca, farán unha visita guiada pola mesma explicando a toda a xente convidada a organización e funcionamento da sala de lectura e de audiovisuais. 

 

 

LIMPEZA COLECTIVA DA PRAIA DE CAIÓN. NOVA DATA!

O vindeiro venres 25 colaboraremos na limpeza organizada pola ADEGA simultaneamente en varios puntos de Galicia os días 18 (para centros educativos) e 19 de outubro. Nós, por mor do mal tempo, aprazarémola unha semana, agardando que mellore.

Ante o gran problema que está a supoñer a contaminación dos nosos mares polo vertido indiscriminado de lixo e plásticos, parécenos de vital importancia inculcar no noso alumnado actitudes de respecto e coidado do medio ambiente, e coidamos que non hai  mellor maneira de facelo que atallando o problema dende o máis próximo, o que ven cada día.

Por esta razón recibimos a invitación por parte da ADEGA (Asociación para a defensa ecolóxica de Galicia) de colaborar nesta VIII Edición da limpeza de simultánea de praias e, ao sermos un centro educativo, farémola un venres. Por mor do mal tempo previsto para este venres 18, aprázase para o próximo venres 25 de outubro, de 10:00 a 13:00 horas. Levaremos a cabo, á súa vez, o rol de coordinadores de diversas asociacións e empresas que teñen gran vinculación co mar de Caión e que non dubidaron en acudir á nosa chamada (empresas de surf e náutica da nosa vila).

O Concello da Laracha tamén colaborará dun xeito activo, facilitando medios e materiais precisos para que a limpeza poida facerse segura e eficazmente. Recomendamos a todo o voluntariado que acuda á limpeza que veñades con guantes (a pesar de que o Concello aportará algúns de latex para quen non teña). Deste xeito xeraremos menos lixo e poderedes reutilizalos na casa para outras actividades.

Nesta ocasión contaremos tamén coa inestimable axuda de alumnado dos outros centros do noso concello: do CEIP Alfredo Brañas de Paiosaco e do CEIP Otero Pedrayo da Laracha. Aproveitaremos a ocasión para compartir unha mañá de convivencia entre centros.

Como novidade haberá un punto de clasificación dos residuos sacados das praias onde se separán en función do colector ao que deberán ir os mesmos.

Agardamos contar co maior número posible de voluntarios/as polo que, se queredes colabrar, non dubidedes en poñervos en contacto con nós para coordinar mellor as nosas forzas por calquera destas vías:

  • Teléfono: 881880694
  • e-mail: ceip.caion@edu.xunta.es

COMEZO DAS CLASES E REUNIÓN DE INICIO DE CURSO.

QUERIDAS FAMILIAS ,

O VINDEIRO MÉRCORES 11 DE SETEMBRO COMEZAN AS CLASES E O FUNCIONAMENTO DO SERVIZO DE COMEDOR E TRANSPORTE ESCOLAR para todo o alumnado agás o de 4º de Infantil, de nova incorporación, que entrarán e sairán máis tarde.

 

O LUNS 9 DE SETEMBRO, ás 12:30 horas, terá lugar a reunión de principio de curso. Comezaremos cunha información xeral no Andar superior, para continuar coas reunións coas titoras e titores nas clases do alumnado.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut