Skip to Content

SOLICITUDE AXUDA MATERIAL ESCOLAR. Curso 20/21.

A Orde do 12 de maio de 2020 regula a participación no fondo solidario de libros de texto e convoca axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en Educación Primaria para o curso escolar 2020/21.

 

Este curso recibirá vales de axuda Todo o alumnado de Primaria (de 1º a 6º) con renda per cápita a 31 de decembro de 2018 menor a 6.000€ pode solicitar axuda de material de 50€.

 

 Prazo para presentar as solicitudes: rematará o día 19 de xuño de 2020 (este incluído).

 Presentación telemática: fondolibros    e na SEDE ELECTRÓNICA

 Presentación presencial: solicitarase cita previa (no teléfono ou mail do cole).

 

As ordes e a documentación:

Adaptación das programacións didácticas curso 2019/20

Seguindo as Instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación  Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia, adáptase a programación didáctica do presente curso dos niveis de Educación Primaria, puidéndose consultar nos seguintes enlaces por niveis educativos:

1º de Educación Primaria.

2º de Educación Primaria.

3º de Educación Primaria.

4º de Educación Primaria.

5º de Educación Primaria.

6º de Educación Primaria.

 

REAPERTURA DO PRAZO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO. DO 11 AO 18 (ámbos inclusive)

No DOG do 6 de maio de 2020 publicouse a RESOLUCIÓN do 5 DE MAIO DE 2020, DA Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Publicas e Xustiza, pola que se dá publicidade a diversos acordos do Centro de Coordinación Operativa da situación de emerxencia sanitaria no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, restablece o sistema de admisión de alumnado.

Asemade a Xunta vén de publicar a: RESOLUCIÓN DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, UNIVERSIDADE E FORMACIÓN PROFESIONAL DO 7 DE MAIO DE 2020 SOBRE O RESTABLECEMENTO DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO modificando so prazos da mesma que quedan como seguen no seguinte novo calendario (PREMEDE NA IMAXE OU AQUÍ).

  •  O novo prazo de entrega de solicitudes será do 11 ao 18 de maio, ambos inclusive, en horario de 10:00 a 13:00, na secretaría do colexio.
  •  A presentación de documentación acreditativa do baremo será ata o 26 de maio. Aínda que se recomenda entregala coa solicitude.
  •  Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: antes do 9 de xuño.
  •  Reclamacións contra a listaxe provisional no prazo de 3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación.
  •  Publicación de listaxes definitivas do alumnado admittido e non admitido 26 de xuño.
  •  Formalización da matrícula dende o 1 ata o 10 de xullo.

  NORMAS DE SEGURIDADE.

Agradeceríase que para realizar a xestión na secretaría só asista unha persoa provista a poder ser con mascarilla e luvas e por favor manteñan a distancia de seguridade.

NOTA: O CENTRO SÓ ATENDERÁ O PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO. RESTO DE CONSULTAS E TRÁMITES SE ATENDERÁN TELEFÓNICAMENTE E POR CORREO ELECTRÓNICO.

DÍA DO LIBRO: CAMPAÑA "DETRÁS DOS LIBROS".

Para conmemorar o 23 de abril: Día do Libro, quixemos mostrar ao noso alumnado con aquelas lecturas que nos están a acompañar nestes día de confinamento. Aquí tedes o enlace ao BLOG DA BILBIOTECaión

Aquí a videomontaxe con estas fermosas imaxes de como 
DETRÁS DOS LIBRO HAI INFINITOS MUNDOS DE IMAXINACIÓN.
 
 
 

Agradecer de novo a vosa participación alumnado e mestres.

Esperamos que vos guste.
Distribuir contido


by Dr. Radut