Skip to Content

LIMPEZA COLECTIVA DA PRAIA DE CAIÓN

 

O vindeiro venres 16 colaboraremos na limpeza organizada pola ADEGA simultaneamente en varios puntos de Galicia os días 16 (para centros educativos) e 17 de outubro. As previsións meteorolóxicas son boas, polo que agardamos non ter que adiar a data.

 

Ante o gran problema que está a supoñer a contaminación dos nosos mares polo vertido indiscriminado de lixo e plásticos, parécenos de vital importancia inculcar no noso alumnado actitudes de respecto e coidado do medio ambiente, e coidamos que non hai  mellor maneira de facelo que atallando o problema dende o máis próximo, o que ven cada día.

 

Por esta razón recibimos a invitación por parte da ADEGA (Asociación para a defensa ecolóxica de Galicia) de colaborar nesta IX Edición da limpeza de simultánea de praias e, ao sermos un centro educativo, farémola un venres.

 

O Concello da Laracha tamén colaborará dun xeito activo, facilitando medios e materiais precisos para que a limpeza poida facerse segura e eficazmente. Recomendamos a todo o alumnado que veña con lubas (a pesar de que o Concello aportará algúns de latex para quen non teña). Deste xeito xeraremos menos lixo e poderedes reutilizalos na casa para outras actividades.

 

Moi ao noso pesar, nesta ocasión non poderemos contar coa axuda e colaboración dos familiares do alumnado así como outros centros educativos e asociacións que axudaban outros anos, chegando a ser preto de 400 persoas na edición pasada. Farémolo de xeito adaptado á situación ocasionada polo Protocolo COVID, e cada clase recollerá as zonas asignadas a tal fin de xeito que non se mesturen entre elas.

 

Ide practicando a canción!!

 

 

 

 

 

Aberto o prazo para solicitar as bolsas de estudos e as axudas ao alumnado para a adquisición de material informático convocadas polo Concello

Dende o pasado 17 de setembro o Concello vén de publicar dous programas de axudas para estudantes convocados polo Concello da Laracha:

  • Por unha parte está a habitual convocatoria de axudas ás familias para a escolarización dos seus fillos/as.

DESCARGUE AQUÍ O FORMULARIO DE INSCRIPCIÓN

  • A outra convocatoria municipal de axudas aos estudantes realízase excepcionalmente e ten por obxecto subvencionar a adquisición de material informático ao longo do ano 2020. O programa está pensado especificamente para o alumnado que comprase ou vaia comprar antes de final de ano un ordenador persoal, tableta, impresora ou libro electrónico para adaptarse ás circunstancias da suspensión das clases presenciais desde o mes de marzo debido á Covid-19 e poder participar nelas de xeito telemático. Neste caso, a contía das axudas será de 200 euros por beneficiario.

DESCARGUE AQUÍ O FORMULARIO DE SOLICITUDE

O prazo de solicitude (20 días naturais) permanecerá aberto ata o 7 de outubro. Os impresos poden presentarse en liña a través da sede electrónica ou tamén acudindo de xeito presencial ao Concello, para o que é preciso solicitar cita previamente chamando ao 981605001.  Podedes descargar os impresos dos anteriores enlaces ou solicitar unha copia no centro.

 

MÁIS INFORMACIÓN NA WEB DO CONCELLO: PREMA AQUÍ.

 

Protocolo COVID-19. CEIP de Caión

Estamos de volta no cole e temos que adaptarnos a nova normalidade, seguindo as directrices marcadas pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia elaboramos o Plan de adaptación á situación Covid-19 axustado á realidade do noso centro. É un documento provisional sobre o que traballar, que está nunha versión bastante avanzada, mais non é a definitiva, polo que incorporaremos todas as novidades e reorganizaremos según esixa a realidade sanitaria do momento.

O protocolo podedes consultalo no seguinte enlace, que inclúe nos anexos o plan de contención e o plan de acollida. Tamén podedes consultar un resumo que presentaremos ás familias nas reunións de inicio de curso que se celebrarán antes do comezo das clases.

- Plan de adaptación á situación COVID-19 no curso 2020/21.

- Resumo do plan de adaptación.

A día de hoxe as instrucción son as de comezar as clases de maneira presencial o 10 de setembro o alumnado de 4º e 5º de Educación Infantil e 1º, 2º e 3º de Primaria e o Venres 11 de setembro o resto do alumnado, estando pendente da evolución da pandemia e do que ditaminen as autoridades sanitarias. Polo que adxuntamos o noso calendario escolar que desexamos poder cumprir (faltarían os dous días non lectivos elexidos polos claustro).

Para resolver calqueira dúbida ou aportación podedes facela chamándonos ao teléfono 881880694 ou enviarnos un correo electrónico: ceip.caion@edu.xunta.gal.

COMEZO DAS CLASES GRADUAL E CALENDARIO ADAPTACIÓN EDUCACIÓN INFANTIL.

 

Estamos de volta no cole e temos que adaptarnos á nova normalidade, seguindo as directrices marcadas pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia estamos perfilando o Plan de adaptación á situación Covid-19 axustado á realidade do noso centro. É un documento provisional sobre o que traballar polo que incorporaremos todas as novidades e reorganizaremos según esixa a realidade sanitaria do momento. Mañá será presentado ao Consello Escolar e en canto estea aprobado será publicado (agardamos poder facelo o luns 7).

 

O VINDEIRO XOVES 10 DE SETEMBRO COMEZAN AS CLASES E O FUNCIONAMENTO DO SERVIZO DE COMEDOR E TRANSPORTE ESCOLAR.

 

Dada a situación especial que vivimos este curso, o comezo das clases será gradual, como indica a Resolución que establece a incorporación gradual do alumnado para o curso 2020/21.

 

 Según dispón no seu punto único:

 

1. O día 10 de setembro incorporarase o alumnado de 4º e 5º de educación infantll 1º, 2º e 3ºcurso de educación primaria.

 

 2. O día 11 de setembro incorporarase o alumnado de 6º de educación infantl e 4º, 5º e 6º curso de educación primaria.

 

De cara á unha boa adaptación do a alumnado de E.Infantil e acollidos ás instrucións do protocolo en contexto Covid19 nos centros escolares e as recomendacións do Calendario Escolar; este ano como excepcionalidade ante a pandemia, poderase realizar o período de adaptación en todos os cursos da etapa de Infantil.

 

 

Por este motivo é altamente recomendable que:

 

- O alumnado de nova incorporación (3anos) o leve a cabo debido á súa importancia cara un bo acollemento das rutinas escolares.

 

- Para alumnado de 4 e 5 anos período voluntario, por mor da falta de contacto co centro debido ao illamento sufrido dende marzo do curso pasado. Decisión de cada familia en función das circunstancias persoais e emocionais de cada neno/a.  Existe tamén a posibilidade de mandar a estealumnado a tempo completo de 9:30 a 14:30.

Agregamos 2 arquivos adxuntos co calendario de adpatación, que será diferente para cada unha das aulas de Infantil deo centro. Queremos lembrar que o grupo de 4º de infantil divídese, quedando distribuídos do seguinte xeito (como xa se vos informou en xuño):

Infantil 1 (4º-5º): Alumnado de 3 anos (novo),  Brais, Manuel Castro, Daniel, Manuel Otero e Adrián.

CALENDARIO PERÍODO DE ADAPTACIÓN INFANTIL 1 (4º-5º)

 

Infantil 2 (5º-6º):  Mateo, Valeria García, Mauro, Sabela, Miguel, Erin, Valeria Rojo, Inés, Lis e o alumnado de 6º de Infantil.

CALENDARIO PERÍODO DE ADAPTACIÓN INFANTIL 2 (5º-6º)

 

A Dirección.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut