Skip to Content

Educación Infantil

ÉRASE UNHA VEZ...

Érase unha vez unha vila... A VILA DE CAIÓN.

Érase unha vez unha clase... A CLASE DE INFANTIL.

E érase unha vez uns personaxes... HELENA, ÁLVARO CAAMAÑO, ANXO, ÁLVARO VIENCENTE, CARMELA, RAMÓN, ANTÍA, MAI, ZOE, LUCAS, DANIELA, HUGO, XURXO, SIMÓN, SARA e ROSA; que se xuntaban todas as mañás para vivir momentos marabillosos, construídos de sorrisos, cancións, xogos, emocións, traballiños, contos e imaxinación.

Algúns destes momentos desexamos compartilos con todos vós: compañeiros, familias, amigos, mestres... para que saibades o que facemos, para que nos vexades como traballamos e aprendemos disfrutando.


BENVIDOS AO NOVO CURSO 2012-2013

INVESTIGANDO SOBRE BRUXAS

 

En relación á temática dos SERES MITOLÓXICOS, proposta polo Equipo de Biblioludo para este trimestre, os alumnos de Educación Infantil acordaron, por maioría, investigar sobre AS BRUXAS.

O primeiro que fixemos foi falar de todo o que xa coñecemos sobre este curioso personaxe, e logo cada neno propuxo cousas que lle gustaría aprender; deste xeito empezamos a definir o que será o noso novo proxecto de investigación que nos manterá motivados para unha tempada.

Para empezar a investigar dirixímonos a nosa biblioteca do colexio en busca de libros sobre bruxas e como atopamos uns cantos, decidimos facer a seguinte exposición e ler un cada día na hora do conto.


Tamén pedimos a colaboración das familias para aportar todo o que estiveran relacionado co tema. Así foi como empezaron a chegar das casas máis contos, un pote e unha visita moi especial, nada máis e nada menos que tres bruxas e un mago. Foi un día inolvidable!

  

ENTREGA DE PREMIOS DO CONCURSO DE POSTAIS

Patricia Bello, concelleira de Educación do concello de A Laracha, acercouse ao noso Festival de Nadal, para facernos entrega do premio, que consistíu en xogos e material educativo.

Grazas ao xurado pola valoración.

 


 

E agora a disfrutar dos agasallos!

 

 

 

 

GAÑADORES DO CONCURSO MUNICIPAL DE POSTAIS NAVIDEÑAS

Quince niños, premiados en los concursos de Navidad de A Laracha

carballo / la voz
17/12/2011

El ingenio y la habilidad de quince niños del municipio de A Laracha han tenido recompensa a través de los concursos de postales y cuentos de Navidad organizados por el Concello. El jurado, integrado por la concejala de Cultura, Patricia Bello, y representantes de la biblioteca municipal, del CIM y de los colegios de los tres núcleos urbanos del municipio adoptó su decisión ayer al mediodía tras examinar y valorar los casi trescientos trabajos presentados por los escolares.

En el concurso de postales los premios fueron, en categoría A, los ciclos de educación infantil del colegio de Caión y de la escuela de Cumiáns (Montemaior) y las clases de quinto y quinto A de los colegios Otero Pedrayo, de A Laracha, y Alfredo Brañas, de Paiosaco. En categoría B los premiados fueron Nicolás García Regueira (Otero Pedrayo), Laura Ramírez Barrul y Fátima López Montes (Alfredo Brañas) y el primer ciclo de primaria del CEIP Caión. Y en categoría C, para Xaquín Pérez Blanco y Celtia Cancela Fuentes (Otero Pedrayo) y Adai Matos López y Sara Salazar Teijeiro (Alfredo Brañas).

En cuanto al concurso de cuentos (dirigido a los estudiantes del tercer ciclo de primaria) los ganadores fueron Carla Alonso Otero (Caión) por Mi prima Noa y la Navidad; María Becerra Rodríguez (Alfredo Brañas), por Evelyn faime soñar cun mundo diferente, y Gonzalo Loureiro Álvarez (Alfredo Brañas) por Un Nadal máis divertido. Los premios (juegos y material educativo) les serán entregados el próximo miércoles en sus centros educativos.

CONCURSO MUNICIPAL DE POSTAIS NAVIDEÑAS

Como cada ano, recibimos o mes de decembro cargadiños de ilusións por festexar a nova estación do inverno e, por suposto, pola celebración do nadal e todo o que conleva para nós. Unha das nosas actividades preferidas, á parte do Festival de Nadal, é a particiapación no concurso municipal de postais navideñas, no cal poñemos todos os nosos esforzos por superarnos cada ano.

A continuación preséntase unha pequena mostra do proceso e do resultado.


BENVIDOS Á AULA DE EDUCACIÓN INFANTIL

A nosa aula de educación infantil é un recuncho máis dentro do CEIP de Caión onde se viven, día a día, gratificantes experiencias educativas, algunhas das cales compartiremos, con moito gusto, con todos vós. 

Para comezar, presentaremos aos protagonistas deste curso académico 2011-12. Velaí van!    

Distribuir contido


by Dr. Radut