Skip to Content

Novas de interese

Protocolo COVID-19. CEIP de Caión

Estamos de volta no cole e temos que adaptarnos a nova normalidade, seguindo as directrices marcadas pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia elaboramos o Plan de adaptación á situación Covid-19 axustado á realidade do noso centro. É un documento provisional sobre o que traballar, que está nunha versión bastante avanzada, mais non é a definitiva, polo que incorporaremos todas as novidades e reorganizaremos según esixa a realidade sanitaria do momento.

O protocolo podedes consultalo no seguinte enlace, que inclúe nos anexos o plan de contención e o plan de acollida. Tamén podedes consultar un resumo que presentaremos ás familias nas reunións de inicio de curso que se celebrarán antes do comezo das clases.

- Plan de adaptación á situación COVID-19 no curso 2020/21.

- Resumo do plan de adaptación.

A día de hoxe as instrucción son as de comezar as clases de maneira presencial o 10 de setembro o alumnado de 4º e 5º de Educación Infantil e 1º, 2º e 3º de Primaria e o Venres 11 de setembro o resto do alumnado, estando pendente da evolución da pandemia e do que ditaminen as autoridades sanitarias. Polo que adxuntamos o noso calendario escolar que desexamos poder cumprir (faltarían os dous días non lectivos elexidos polos claustro).

Para resolver calqueira dúbida ou aportación podedes facela chamándonos ao teléfono 881880694 ou enviarnos un correo electrónico: ceip.caion@edu.xunta.gal.

COMEZO DAS CLASES GRADUAL E CALENDARIO ADAPTACIÓN EDUCACIÓN INFANTIL.

 

Estamos de volta no cole e temos que adaptarnos á nova normalidade, seguindo as directrices marcadas pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia estamos perfilando o Plan de adaptación á situación Covid-19 axustado á realidade do noso centro. É un documento provisional sobre o que traballar polo que incorporaremos todas as novidades e reorganizaremos según esixa a realidade sanitaria do momento. Mañá será presentado ao Consello Escolar e en canto estea aprobado será publicado (agardamos poder facelo o luns 7).

 

O VINDEIRO XOVES 10 DE SETEMBRO COMEZAN AS CLASES E O FUNCIONAMENTO DO SERVIZO DE COMEDOR E TRANSPORTE ESCOLAR.

 

Dada a situación especial que vivimos este curso, o comezo das clases será gradual, como indica a Resolución que establece a incorporación gradual do alumnado para o curso 2020/21.

 

 Según dispón no seu punto único:

 

1. O día 10 de setembro incorporarase o alumnado de 4º e 5º de educación infantll 1º, 2º e 3ºcurso de educación primaria.

 

 2. O día 11 de setembro incorporarase o alumnado de 6º de educación infantl e 4º, 5º e 6º curso de educación primaria.

 

De cara á unha boa adaptación do a alumnado de E.Infantil e acollidos ás instrucións do protocolo en contexto Covid19 nos centros escolares e as recomendacións do Calendario Escolar; este ano como excepcionalidade ante a pandemia, poderase realizar o período de adaptación en todos os cursos da etapa de Infantil.

 

 

Por este motivo é altamente recomendable que:

 

- O alumnado de nova incorporación (3anos) o leve a cabo debido á súa importancia cara un bo acollemento das rutinas escolares.

 

- Para alumnado de 4 e 5 anos período voluntario, por mor da falta de contacto co centro debido ao illamento sufrido dende marzo do curso pasado. Decisión de cada familia en función das circunstancias persoais e emocionais de cada neno/a.  Existe tamén a posibilidade de mandar a estealumnado a tempo completo de 9:30 a 14:30.

Agregamos 2 arquivos adxuntos co calendario de adpatación, que será diferente para cada unha das aulas de Infantil deo centro. Queremos lembrar que o grupo de 4º de infantil divídese, quedando distribuídos do seguinte xeito (como xa se vos informou en xuño):

Infantil 1 (4º-5º): Alumnado de 3 anos (novo),  Brais, Manuel Castro, Daniel, Manuel Otero e Adrián.

CALENDARIO PERÍODO DE ADAPTACIÓN INFANTIL 1 (4º-5º)

 

Infantil 2 (5º-6º):  Mateo, Valeria García, Mauro, Sabela, Miguel, Erin, Valeria Rojo, Inés, Lis e o alumnado de 6º de Infantil.

CALENDARIO PERÍODO DE ADAPTACIÓN INFANTIL 2 (5º-6º)

 

A Dirección.

 

SOLICITUDE DE PRAZA SERVIZO MADRUGADORES CURSO 2020/2021

 

Dende o Concello da Laracha informan que segue aberto o prazo de inscrición no servizo de MADRUGADORES para o vindeiro curso 2020/2021, para o que deberedes presentar unha solicitude de inscrición no mesmo.

O prazo de solicitudes estará aberto até o 31 de xullo.

ENLACE Á PÁXINA DO CONCELLO COA INFORMACIÓN DO PROGRMA HARMONIZA.

DESCARGA FOLLA DE INSCRICIÓN SERVIZO DE MADRUGADORES.

Trátase dun servizo cofinanciado entre as familias e o concello e para que se poña en marcha precisariamos un mínimo de 6 usuarios/as inscritos do noso centro. O servizo de Madrugadores é vital para algunhas familias do centro. Neste pasado curso 2019/2020 non chegamos a ese mínimo e non se puido abrir, cuestión que pode significar a falta de alumnado do noso centro.

Publicación do Calendario Escolar para o curso 2020 / 2021

 

Vénse de publicar no DOG a ORDE do 25 de xuño de 2020 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2020/21 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

 

Farán un total de 178 días lectivos a falta de descontar os dous días non lectivos que se escollerán a principio do curso que vén.

 

As clases comezarán o 10 de setembro

Os 2 días non lectivos escollidos polo noso centro serán o:

  • Luns, 09 de novembro.
  • Venres, 14 de maio.

 

Estreamos novos xogos no patio!

Estamos de noraboa!

Vimos de instalar uns novos xogos no patio que nos permitirán xogar a cousas diferentes durante os períodos de lecer. Instalamos unha diana, unha mariola, un "Mirror me" e pintamos un campo de brilé novo!

 

 

 

 

Dende o primeiro día desfrutámolo moito! Velaquí imaxes da súa estrea co alumnado de Infantil:

  

 

  

E aquí abaixo poderedes ver un vídeo resumo. ⬇️

 

Adaptación das programacións didácticas curso 2019/20

Seguindo as Instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación  Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia, adáptase a programación didáctica do presente curso dos niveis de Educación Primaria, puidéndose consultar nos seguintes enlaces por niveis educativos:

1º de Educación Primaria.

2º de Educación Primaria.

3º de Educación Primaria.

4º de Educación Primaria.

5º de Educación Primaria.

6º de Educación Primaria.

 

NON PARES DE MOVERTE...NA CASA!

  Ola rapazada! Xa levamos uns cantos días nos fogares. É certo que cumprir a nosa programación de Educación Física deste xeito é complicado, pero sempre podemos buscar recursos para continuar a levar unha vida activa que ben sabedes que o exercicio e a actividade física son imprescindibles para a nosa saúde. Buscade cada día, aínda que non nos tocase sesión de EF, un ratiño para movervos e, se ademais conseguides contaxiar ao resto da familia e incluso.... Por que non? Facer de profes e de profas para eles, seguro que o pasades fenomenal. Eu vos irei dando ideas aínda que non teño dúbida de que as vosas cabeciñas dan para moito. Imos aló!!!!!

 

  Como a estas alturas probablemente algún ou algunha estamos "oxidados" (polo menos eu :) ) sería bo comezar o día cuns exercicios de movilidade articular e estiramentos que nos axuden a poñernos en marcha e a cargarnos de enerxía. Animádesvos?

 

 

  Nota: Lembra que un estiramento consiste en manter a posición que indica cada debuxo durante 15-20 segundos sen facer rebotes (avanzar adiante e atrás) e que NUNCA debe DOER!! Tes que notar que a zona muscular está en tensión pero non chegar ao punto en que moleste. Sempre é mellor ir pouco a pouco e xa verás como cada semana consigues chegar máis alá.

 

 

  E para desconectar e botarse unhas risas.. Por que non un baile?? Avísovos que é moi pegadizo! 

AVISO URXENTE. ESTADO DE ALARMA.

 
AVISO URXENTE!!!
 
SUSPENSIÓN DAS ACTIVIDADES LECTIVAS 

Segundo instrucións recibidas pola Xunta de Galicia establécese o PECHE DA ACTIVIDADE DOCENTE E ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES DENDE O LUNS 16 DE MARZO. O centro permanecerá completamente pechado mantendo o servizo de atención telemático en horario normal.

A Dirección 

 

        AVISO ÁS FAMILIAS:

            Por mor da crise do Covid 19, a partires do luns 16 de marzo de 2020 o colexio permanecerá pechado, polo que todas as reunións das titorías quedan suspendidas ata novo aviso. Poderán empregar o correo electrónico para poñerse en contacto co persoal titor e co centro (este último tamén por teléfono).

 

       PROCESO DE ADMISIÓN

Amplíase provisionalmente o prazo de presentación telemática e presencial de solicitudes de admisión que finalizará 1 semana despois do reinicio das clases. Recoméndase a utilización preferente da modalidade telemática para a presentación das solicitudes. .

RECOLLIDA DE ALIMENTOS. Campaña solidaria nos Centros Educativos

 

Informamos de que a partir de hoxe levaremos a cabo unha CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE ALIMENTOS. Cando se reanuden as clases fixarase a nova data de fin da recollida dos mesmos. Podedes traer:

  • Conservas de peixe, de vexetais...
  • Leite, cacao e galletas
  • Legumes
  • Aceite
  • Todo tipo de alimentos non perecedeiros

Agardamos contar coa vosa colaboración! Premede na foto para ver o cartaz ampliado ------->

Os alimentos serán depositados na entrada do centro até o propio día da recollida, mais se o podedes traer antes, imos clasificándoos nós.

CAMPO A TRAVÉS CARBALLO 29/11/19

  O pasado venres 29 de novembro celebrouse a primeira fase de Campo a través dentro do programa Xogade, organizado pola Xunta de Galicia. A competición tivo lugar no polígono de Bértoa, en Carballo e nel participaron numerosos centros educativos da contorna.

Resultado de imagen de campo a traves infantil carballo

  A climatoloxía foi benigna e gozamos dun día soleado durante toda a xornada que favoreceu un desenvolvemento máis cómodo da mesma. Dende aquí dar a noraboa a todos e todas os participantes polo esforzo realizado, por seren quen de completar as carreiras en todas e cada unha das categorías, e pola súa implicación e motivación positiva neste evento de convivencia e deporte. Foi todo un éxito! 

  No seguinte enlace podedes ver a información que publicou ao respecto o concello de Carballo, e que inclúe imaxes dos podios xunto coa clasificación dos e das tres primeiros chegados á meta en cada categoría.

  http://www.carballo.org/novas.php?id=6937&idioma=gl&sec=30&fbclid=IwAR3cevAS2aYbfN3xbaRK5x2I2lpYejwx8wIUcWGkiJku4x3YB5mC_zqQxk8

 

  A páxina que se mostra a continuación lévavos á clasificación xeral na que podedes comprobar cal foi a posición de cada participante nesta carreira de campo a través.

https://atletismo.gal/wp-content/uploads/2019/11/rc291119.pdf

 

  Grazas a todos e a todas por asistir!!! E recordámosvos que en breve temos unha nova cita para acompañar ás clasificadas femininas para a vindeira fase. Moito ánimo para elas dende aquí!

Distribuir contido


by Dr. Radut