Skip to Content

Fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar. Curso 24/25.

ORDE do 7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan as axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2024/25 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H).

No presente curso vense de publicar as diferentes axudas da Consellería para adquisición de libros de texto e material escolar. Como sabedes non temos libros de texto en ningún curso, mais o curso que vén implementaremos o traballo coas Snappets nos cursos de 2º a 4º de Primaria.

  Convócanse as seguintes axudas:

  . Fondo Solidario de Libros de texto (3º a 6º de Educación Primaria). (nós non temos)

 Axudas para mercar libros de texto (1º e 2º de Educación Primaria) (tamén compatible coa licenza de uso de Snappet).

    • Rendas per cápita iguais ou inferiores a 6.000 euros : 240 euros libros.
    • Rendas per cápita entre 6.000 e 10.000 euros: 160 euros libros.
    • Discapacidade igual ou superior ao 65% e Educación Especial: 300 euros libros.

 

  . Axudas para material escolar (Todos os cursos de Educación Primaria): rendas per cápita iguais ou inferiores a 6.000 euros: 75eurosRendas per cápita entre 6.000 e 10.000 euros: 60€.

 

 PRAZO DE PRESENTACIÓN: Ata o 21  de Xuño. Deberá presentarse preferiblemente por internet na aplicación Fondolibros. Para presentación no centro é IMPRESCINDIBLE PRESENTARSE PERSOALMENTE UN DOS PROXENITORES. AQUÍ podedes descargar os anexos (ou solicitade unha copia na dirección do centro).

  Calquera dúbida solucionarase  por teléfono: 881880694 ou por correo electrónico: ceip.caion@edu.xunta.gal

  DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:

  . Fotocopia do Libro de Familia (imprescindible).

  . Anexos I e II (nun mesmo formulario). Poden imprimirse da aplicación Fondolibros ou obterse no propio centro ou descargándoos aquí.

  . Sentenza xudicial e/ou convenio regulador (só nos casos de separación ou divorcio).

  . Fotocopia do DNI (só se non permite a comprobación telemática).

  . Declaración da renda 2022 (só se non permite a comprobación telemática).

  . Certificado de minusvalía (só se non permite a comprobación telemática ou non está avalada pola Xunta).

  . Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero (de ser o caso).

  . Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos Servicios Sociais (só se o/a pai/nai non ten DNI).

  Presentarase unha única solicitude para todos os irmáns matriculados no mesmo centro

  No caso de realizar dita solicitude por vía telemática (Internet), terán cubrir unha solicitude por fillo.

  Para o cómputo da renda, deberán sumarse as casiñas 435 + 460 do exercicio fiscal 2022, de todos os membros computables con ingresos, e dividirse polo número de membros da unidade familiar a 31 de decembro de 2022. Se non se presentou a Renda no 2022, teranse en conta os ingresos de acordo cos datos tributarios facilitados pola AEAT.

Aquí podedes consultar as INSTRUCIÓNS DA CONSELLERÍA sobre as axudas:

 

ADMISIÓN ALUMNADO. LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMITIDOS.

Procédese á publicación das listaxes provisionais de admitidos para o curso 2024/2025.

Todas as solicitudes recibidas foron admitidas.

Estas listaxes pódense consultar no taboleiro do centro ou na aplicación admisiónalumnado (empregando a chave 365 ou o certificado dixital). Non se publicarán na web, debido a lei de protección de datos.

Poderase formular reclamación ante o consello escolar no prazo de 5 días hábiles contados a partir do seguinte día ao da súa publicación.

Publicación de listaxes definitivas antes do 16 de maio.

O prazo de formalización de matrícula será do 20 ao 30 de xuño.

 

Proceso de ADMISIÓN DE ALUMNADO no CEIP de Caión. Curso 24-25.

PREMENDO NESTE ENLACE TERÁN ACCESO A UNHA CIRCULAR INFORMATIVA DE TODO O PROCESO, CALENDARIO E INSTRUCIÓNS.

Dende o día 1 ao 20 do mes de marzo, poden proceder á solicitude de admisión para o novo alumnado. 

Teñen a súa disposición a solicitude na dirección do centro ou pode descargala no seguinte enlace. Tamén existe a posibilidade de cubrir a solicitude online na aplicación da Xunta "admisionalumnado". En todo caso deberá ser presentada finalmente no centro, a non ser que se valide na SEDE ELECTRÓNICA. (é preciso ter activado o servizo Chave 365 ou Certificado electrónico).

 

 Solicitude de admisión: Do 1 ao 20 de marzo (premer para descargar e cubrir a solicitude)

  • Para alumnado que non está actualmente matriculado no centro. É dicir, novas matrículas para o curso 2024/25.

Documentación:

  • Impresos de solicitude cumprimentados
  • Copia DNI da persoa solicitante e dos membros computables da unidade familiar, cando denegue a consulta.
  • Documentación acreditativa do requisito de idade do/da alumno/a.
  • Documento acreditativo de estar en dispoisición de reunir os requisitos académicos exixidos en cada nivel educativo ou etapa nos termos do Anexo II.
  • Convenio regulador ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio, se é o caso.
  • Xustificantes se o alumnoa/a presenta necesidades específicas de apoio educativos (achegando, se fose o caso, a documentación que acredite as circunstancias alegadas, se for o caso).
  • En caso de baremación deberá achegarse a documentación que indica na ORDE do 21 de outubro de 2022, no Artigo 31. Documentación complementaria :

O proceso terá o seguinte calendario:

Calendario do proceso de admisión para o curso 2024/25
Presentación de solicitude de admisión  Do 1 ao 20 de marzo
Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos  Antes o 25 de Abril
Publicación de listaxes definitivas  Antes de 15 de maio
Formalización de matrícula  Do 20 ao 30 de xuño

Unha vez transcurrido o prazo de admisión e publicadas as solicitudes admitidas, neste enlace podedes descargar a solciitude de formalización de matrícula (no mes de xuño con Anexo III).

  •   Formalización de matrícula: Do 20 ao 30 de xuño
Prazas vacantes
  EDUCACIÓN INFANTIL
Niveis 4º INFANTIL 5º INFANTIL 6º INFANTIL
Prazas ofertadas

20

3 (NEE)

2  3
  EDUCACIÓN PRIMARIA
Niveis 1º CURSO 2º CURSO 3º CURSO 4º CURSO 5º CURSO 6º CURSO
Prazas ofertadas 3 0 0 3 2 6

  

HORARIOS 

CONCILIANDO NA LARACHA (MADRUGADORES): 07:00 - 09:30h.

HORARIO LECTIVO: 9:30h - 14:30h.

SAÍDA TRANSPORTE ESCOLAR: 14:30H

SERVIZO DE COMEDOR: De 14:30 a 16:00h

   SERVIZOS EDUCATIVOS COMPLEMENTARIOS

  • TRANSPORTE ESCOLAR: Servizo gratuíto para alumnado que vive a máis de 2 km do centro. As prazas libres poden ser solicitadas polo resto do alumnado pertencente a área de influenza do centro.
  • COMEDOR ESCOLAR:Servizo de pago que é xestionado pola ANPA. Os usuarios poden ser fixos, fixos-discontinuos ou esporádicos.
  • CONCILIANDO NA LARACHA: Servizo coordinado polo Concello, no que o alumnado pode vir á escola a partir das 07:00 am até o comezo das clases. Ver aquí toda a información do programa
  • BIBLIOTECA - LUDOTECA -SALA DE ESTUDOS: (de valde) O alumnado terá a súa disposición dende ás 16:00h ata as 18:00h de luns a xoves. Estas actividades son guiadas por profesorado do centro.
  • OUTRAS ACTIVIDADES (ANPA E CONCELLO): Ofertan distintas actividades de pago ou de valde segundo demanda en horario de 16:00h a 18:00h.

 OUTRAS INFORMACIÓNS DO PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2024-2025

- Anexo II: "ADMISIÓN DE ALUMNADO EN CENTROS DOCENTES SOSTIDOS CON FONDOS PÚBLICOS (ED550B)

-Enlace á web da Xunta con información sobre o procedemento.

- Circular informativa sobre o proces de admisión.

- Publicación de vacantes.

 
-Enlace á aplicación de solicitude de praza admisionalumnado da Xunta.

 

XORNADA DE PORTAS ABERTAS . Vén coñecer o noso centro!

O vindeiro luns faremos unha xornada de portas abertas na que podedes ampliar a información que aparece nestas imaxes, así como coñecer de primeira man a nosa escola!

Apuntade:

  • CEIP de Caión
  • 26 de febreiro
  • 16:30 horas

Alí informaremos sobre proceso de admisión, que imos adiantando que será do 1 ao 20 de marzo.

Inscricións e confirmación de asistencia a través deste formulario:

https://abalarbox.edu.xunta.gal/index.php/apps/forms/3BNMXDGyHDNoixqr

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut