Skip to Content

ADMISIÓN PARA O CURSO 2024/25

Información do proceso de admisión para o vindeiro curso


NORMATIVA

Decreto 13/2022 (DOG 11 de febreiro de 2022)

Orde do 21 de outubro de 2022 (DOG 8 novembro de 2022)

Orde do 26 de maio de 2023 (DOG 13 xuño de 2023

.


 

 PRAZOS

  Reserva de praza no IES Gonzalo Torrente Ballester: 15 de xaneiro ao 5 de febreiro

As familias do alumnado de 6º que desexe cursar a ESO no instituto adscrito (IES Torrente Ballester) deben cubrir á man ou informáticamente na aplicación admisionalumnado  (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) o formulario de reserva de praza (ED550A)  para presentalo no CEIP Cabanas en papel ou na sede electrónica da Xunta.

 

FORMULARIO DE RESERVA (ED550A)

 A listaxe de alumnado con praza reservada será publicado antes do 22 de febreiro.

 

  Presentación da solicitude de admisión no colexio: do 1 ao 20 de marzo 

Entregarase persoalmente no centro ou na sede electrónica da Xunta  a seguinte documentación:

  • Fotocopia do DNI do neno/a ou da folla correspondente do libro de familia.

  • De ser o caso, convenio regulador ou resolución xudicial de separación ou divorcio.

  • Se solicita praza nun curso distinto de 4º de E. Infantil, certificación de matrícula e académica do centro de orixe.

O impreso de solicitude de admisión pode cubrirse á man ou dixitalmente na aplicación “admisionalumnado” (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado). Deberá estar asinado polos dous proxenitores

Pódense facer constar ata 6 centros por orde de preferencia, entregando unha única solicitude no centro pedido en primeiro lugar.

Presentar varias solicitudes de admisión en centros distintos suporá a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponder, a non ser que se renuncie expresamente ás solicitudes anteriores ao presentar a nova.

A presentación dunha solicitude é vinculante e implica a declaración de que son certos os datos incluídos nela.

No caso de que a solicitude estivese correctamente cumprimentada e o número de solicitudes presentadas fose inferior ao número de prazas ofertadas polo centro, o/a alumno/a aparecerá na listaxe provisional de admitidos que será publicada antes do 25 de abril.

 

  Presentación da documentación para o baremo

No caso de que o número de solicitudes de admisión superase ao de prazas ofertadas, as prazas serán asignadas mediante unha baremación.

O prazo para entregar a documentación que acredite os criterios alegados por cada solicitante será de 10 días hábiles contados dende o 21 de marzo.

  Publicación das listaxes provisionais de admitidos: 25 de abril

Poderanse consultar presencialmente no taboleiro de anuncios do interior do colexio ou de xeito non presencial na aplicación admisionalumnado coa chave 365 ou certificado dixital.

  Reclamacións: 5 días hábiles a partir do seguinte á publicación (ante o Consello Escolar)

  Publicación das listaxes definitivas de admitidos: 15 de maio

Poderanse consultar presencialmente no taboleiro de anuncios do interior do colexio ou de xeito non presencial na aplicación admisionalumnado coa chave 365 ou certificado dixital.

   Formalización da matrícula: do 20 ao 30 de xuño

Para formalizar a matrícula deberanse presentar na secretaría do centro:

  • 2 fotografías tamaño carné
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria

  OFERTA DE PRAZAS

Etapa Curso Prazas ofertadas
E. Infantil 4º (3 anos) 17+ 3 (NEAE)
  5º (4 anos) 8
  6º (5 anos) 8
E. Primaria 0
  0
  0
  0
  2
  0

 .


  ZONA DE INFLUENCIA DO CENTRO

(VER MAPA)

A zona de influencia ven delimitada polo seguinte perímetro:

  • Rúa Estación (ámbalas dúas beirarrúas) ata estación de ferrocarril (excluída).
  • Vía do ferrocarril dende estación de Pontevedra (excluída) ata intersección co río Gafos.
  • Río Gafos desde a intersección anterior cara ao sur ata límite do concello.
  • Quedan incluídos neste perímetro os lugares da parroquia de Salcedo: A Armada, Birrete, Cabanas, O Campo da Porta, A Cancela, A Carballa, A Carballeira (Salcedo), O Carballo do Pazo, O Carramal, O Casal, A Costa, O Cruceiro (Salcedo), A Esculca, Matalobos, A Muimenta e O Nabalexo.
  • Quedan incluídos neste perímetro o lugar da parroquia de A Virxe do Camiño: A Ponte do Couto
  • Tamén se inclúe a Base Xeneral Morillo (BRILAT), situada no enderezo A Armada 35, Salcedo.
  • Prolongación de Pintor Urbano Lugrís cruzando a rúa San Brais e atravesando a ponte sobre a circunvalación da autoestrada, deixando a un lado os lugares de A Igrexa (Salcedo) e O Xistro, estando estes excluídos da ÁREA DE INFLUENCIA e quedando incluído Matalobos.
  • Pintor Urbano Lugrís vindo dende San Brais (beirarrúa sur) ata Pintor Virxilio Blanco
  • Pintor Virxilio Blanco (beirarrúa leste)
  • Bibiano Fernández Osorio Tafall (beirarrúa sur)

Considéranse áreas limítrofes deste centro as zonas de influencia do CEIP San Martíño, CEIP Ponte Sampaio, CEIP de Marcón, CEIP Vilaverde-Mourente, CEP Campolongo, EEI Concepción Crespo Rivas e CEIP Álvarez Limeses.
Non se considera zona limítrofe o Concello de Vilaboa, agás a Base Xeneral Morillo (BRILAT).

VER MAPA

 


  IES AO QUE ESTÁ ADSCRITO O CENTRO

IES Gonzalo Torrente Ballester


 

 SERVIZOS COMPLEMENTARIOS

  • Transporte escolar

Ruta 1:  Saída de Avda. de Vigo, 72. Fai as paradas da carretera de Vigo (N550).

Ruta 2:  Saída de Eduardo Pondal, 68. Fai as paradas da zona rural interior.

Ruta 3:  Saída da Praza de Galicia, 5. Fai a parada da Avda. de Vigo, 36.

 

Cabanas, 8 de febreiro de 2024

A Dirección

 



page | by Dr. Radut