CHARLA DO PLAN DIRECTOR
Esta mañá tivemos unha charla moi especial!
Visitáronnos dous axentes da POLICÍA NACIONAL para falarnos do ACOSO e o CIBERACOSO.
Esta charla está dentro do PLAN DIRECTOR, impulsado dende a Delegación do Goberno de Galicia, para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e na súa contorna.
Ten como finalidade previr calquera risco que afecte á seguridade e benestar dos mozos e mozas, na escola ou no seu entorno.
A partir dun vídeo inicial e das explicacións de Antón e Miguel, reflexionamos sobre moitas conductas que poden darse nos centros educativos e que está na nosa man evitar, para non chegar a danos maiores.
NON PERMITAMOS QUE NINGUÉN SUFRA!!
REMATEMOS CO ACOSO!!