Educación física

PSICOMOTRICIDADE

O alumnado de Educación Infantil, 1º e 2º teñen clase de psicomotricidade todos os días. A continuación presentamos uns vídeos que resumen o traballo realizado na aula de Educación Física.

 

 

PDC_ XOGADE: Campionato de Cross

 

O 5 de decembro participamos no campionato zonal de Cross da zona da Estrada.

Participou o alumnado de 2º, 3º, 4º, 5º e 6º, acompañado por 4 docentes do colexio.

A experiencia foi moi positiva.

Seguimos traballando para o próximo evento. :)

Samaín e Magosto_ PDC_MÓVETE +

O pasado mércores 31 de outubro, no colexio de Codeseda realizamos actividades relacionadas co noso PROXECTO DE VIDA ACTIVA:

  • Celebramos o Samaín cun taller de baile, entre outra actividades.

 

 

  • Celebramos o Magosto con xogos tradicionais, sendo, o alumnado de 5º e 6º o encargado de ensinarllos aos demais.

DÍA EUROPEO DO DEPORTE ESCOLAR_ PDC- XOGADE

O 28 de Setembro celebramos o Día Europeo do Deporte Escolar.

Comezamos a xornada con unha coreografía de aeróbic.

Continuamos realizando varias actividades relacionadas co atletismo.

Terminamos creando un debuxo sobre a actividade que máis nos gustou.

PLAN PROXECTA - CROSS

Comeza o PLAN PROXECTA. Neste mes de novembro participamos nunha actividade de "CROSS". Foi unha xornada moi intensa e motivadora. 

BADMINTON

Durante os meses de xaneiro e febreiro organizamos no centro un Torneo de Bádminton durante os recreos. Participan tódolos alumnos/as de 3º, 4º, 5º e 6º os luns e mércores. Tratando de buscar a maior participación cada un xogará alomenos 5 partidos.

 

 

Foto da primeira xornada

 

Distribuir contido