AXUDAS MATERIAL ESCOLAR PARA O ALUMNADO DE EDUCACIÓN PRIMARIA PARA O CURSO 2021/2022

No DOG do xoves, 20 de maio de 2021, saíu publicada a Orde do 6 de maio de 2021, na que se convocan axudas para libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado de educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial matriculado nos centros docentes sostidos con fondos públicos.

Forma de presentación:
Ademais da presentación presencial no centro, igual que no curso anterior, as familias poderán realizar a solicitude accedendo á aplicación Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), e unha vez que teñan cubertos todos os datos deberán gardala, obtendo así o número de solicitude, e posteriormente poderán optar polas seguintes formas de
presentación:
• Presentación no centro: Neste caso imprimirán a solicitude e o anexo II e presentaranos no centro
(debidamente asinados), xunto coa documentación (A solicitude xa terá asignado un número pola
aplicación).• Presentación na Sede Electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal

PARA A PRESENTACIÓN NO CENTRO PODERÁN DESCARGAR OS ANEXOS I E II DIRECTAMENTE DA APLICACIÓN DE FONDOLIBROS E ENVIALA POLO ALUMNADO OU ACUDIR PRESENCIALMENTE, PARA O CAL DEBERÁN CHAMAR ANTES POR TELÉFONO.

 

 

 

 

 

 

Día Mundial da Conciencia sobre o Autismo

O Día Mundial do Autismo celébrase cada ano o 2 de abril. Neste curso, para participar nesa conmemoración realizamos varias actividades, e entre elas, o versionado en galego da curtametraxe animada "ROMPECABEZAS". Aquí tedes o resultado onde participan as voces do alumnado da aula de 4º de primaria.

 

Tamén quixemos, para completar esa xornada, unirnos á campaña promovida por Autismo Europa e o movemento asociativo do autismo en España cunha foto grupal de cada aula e berrando con forza a súa mensaxe "PODO TRABALLAR, PODO APRENDER"

 

 

 

PODO APRENDER

 

PODO TRABALLAR

 

No concello da Estrada temos a sorte de contar cun centro donde viven e traballan persoas con autismo pertencente á asociación APACAF.

No seguinte enlace podedes atopar máis información sobre o centro "A BRAÑA" situado na parroquia de Berres.

Coñecendo o CEIP CABADA VÁZQUEZ

O ALUMNADO DO NOSO COLE REALIZARON UN PEQUENO VÍDEO DE "PORTAS ABERTAS" AO NOSO CENTRO.

ESPERAMOS QUE VOS GUSTE

 

 

 

ADMISIÓN CURSO 2021-2022

 

 

 VACANTES 2021-2022

 

 

 

BRAULIO TUBER VISITA O NOSO COLE!

 

Vai facer un ano que recibimos a visita de Braulio dos Bolechas para celebrar o "DÍA MUNDIAL DA RADIO". 

Estivemos encantados/as con Braulio e demostrámoslle que sabemos moitas cousas deste medio de comunicación tan importante.

Podedes ver o programa picando na imaxe.

Distribuir contido