RETO 5º e 6º: MÚSICA – EDUCACIÓN FÍSICA
Para esta semana temos un novo reto, no que combinamos as áreas de Música e Educación Física. Antes de empezar le as instrucións e logo practica.
1º Comezamos quecendo un pouco. Imita o vídeo: https://youtu.be/wyM4dvh-h2c
2º Traballamos con raqueta e pelota (lembrade que poden ser feitas por vós). O máis importante é seguir o ritmo. Mirade o vídeo da profe Irene e facede o mesmo: https://youtu.be/eMY6GD6lsUo
Esta é a representación do ritmo:
|
Corresponde á parte B da canción “Jump in the line”.
Jump in the Line (Shake, Senora) é unha canción de calipso (xénero musical afrocaribeño orixinario de Trinidad e Tobago, moi popular nas illas do Caribe de fala inglesa e francesa. Tamén é popular en Costa Rica, Hondoras, Panamá, México, Perú ou Ecuador. A súa peculiaridade é que fai uso como instrumento principal duns tambores metálicos, fabricados a partir de barrís de petróleo reciclados) cantada por Harry Belafonte e composta por Lord Kitchener .
Aquí vos deixamos a música da PARTE B:
https://www.dropbox.com/s/89cijezl0jg0qzq/Reto%205%C2%BA%206%C2%BA%20raqueta.mp3?dl=0
No seguinte enlace podedes escoitar a canción enteira interpretada por Harry Belafonte:https://www.youtube.com/watch?v=kMXBJW1PuU8
Tedes ata o 24 de abril para enviarlle á profe Carmen un vídeo como o da profe Irene.
3º Para rematar a sesión estiramos. Sigue o vídeo: https://youtu.be/F4Qlv8ywWKA
Saúdos, saúde e moito ánimo!!!
Irene e Carmen.