IMPORTANTE: REACTIVACIÓN DO PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMANDO PARA O CURSO 2020/2021
Estimadas familias, dende o CEIP de Bretoña informamos de que tralo acordo do Centro de Coordinación Operativa da situación de emerxencia sanitaria no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia (Cecop), do 5 de maio de 2020, – (Acordo sobre o restablecemento do procedemento de admisión de alumnado do 2º ciclo de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso académico 2020/21.) se procederá á reactivación de dito proceso.
http://www.edu.xunta.gal/portal/node/30990
Os prazos para a presentación de solicitudes será do 11 ao 18 de Maio. A presentación de dita solicitude poderá facerse de dúas formas:
- telemáticamente: a través da aplicación admisiónalumando no seguinte enlace
https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado
- presencialmente (papel): no centro escolar respectando sempre as medidas de seguridade (distancia social de 2 metros, recomendación de uso de mascarillas, lavado constante de mans, etc..).
É importante que, no caso de presentar a solicitude presencialmente, antes de levar a solicitude se poña en contacto telefónicamente coa dirección do centro para concretar o día e a hora á que se realizará a entrega de dita solicitude. Para isto deberán chamar ao: 982870029.
O anexo que hai que cubrir (anexo II) atópase no arquivo adxunto a este aviso (en formato PDF).
Anexo | Tamaño |
---|---|
Anexo II admisión alumnado.pdf | 1.13 MB |