PROXECTO PALABR-EGAS
PALABR-EGAS é un proxecto que tiñamos programado para realizar a partir do segundo trimestre do curso, facendo unha investigación e recollida de PALABRas galEGAS de interese especial para nós, pola súa "rareza", sonoridade, significado... Para a súa posterior exposición nun gran panel, con especial conmemoración do Día das Letras Galegas.
Pero, se vos animades, podemos ir empezando agora. A continuación podedes ver un ficheiro adxunto onde tedes un modelo a seguir. Trátase de escribir en letras grandes a palabra escollida, debaixo engadir unha foto ou debuxo do termo; e logo engadir a definición e o motivo por que escolléchedes esa palabra.
Cando rematedes, enviades o ficheiro ou foto por correo electrónico. En asunto poñedes PALABR-EGAS e o voso nome.
Anexo | Tamaño |
---|---|
CALIMBORNIO.pdf | 70.86 KB |
PALABR-EGA XOEL.pdf | 349.63 KB |
PALABR-EGA UNAI.pdf | 153.41 KB |
PALABR-EGA XIANA.jpg | 60.63 KB |