RETO DA SEMANA - TRABALINGUAS
Que vos parece enfrontarvos a un reto semanal distinto das tarefas "escolares" habituais?. Esta semana propoñémosvos que poñades a traballar a lingua e tratedes de recitar o trabalinguas que aparece a continuación, o máis rápido posible. No audio que aparece como ficheiro adxunto tedes unha mostra que seguro que vós ides mellorar moito!
Podedes practicar antes e, cando xa esteades listos, facedes unha gravación co móbil (e coa axuda dun adulto) e enviádela por mail. Iremos colgándoas aqui para que as poidades escoitar todas. Os adultos tamén podedes participar. E os máis pequeniños podedes ler ou ser axudados por un adulto.
É importante que a gravación que fagades sexa en mp3. Se o móbil co que o facedes non ten este formato, podedes descargar unha app gratuita de gravación de mp3. E non esquezades respirar de vez en cando!
TRABALINGUAS
Teño unha capa tallada, golada, borlada, repicatallada.
Quen ma tallou, golou, borlou e repicatallou
non ma soubo tallar, golar, borlar e repicatallar.
Vou chamar o tallador, golador, borlador e repicatallador
que ma veña tallar, golar, borlar e repicatallar mellor.
Anexo | Tamaño |
---|---|
Trabalinguas.mp3 | 234.82 KB |
Trabalinguas ARI.mp3 | 619.01 KB |
Trabalinguas MARA.mp3 | 769.01 KB |
Trabalinguas Erea mp3.mp3 | 1.04 MB |
Trabalinguas Fátima mp3.mp3 | 316.33 KB |
Trabalinguas Moncho mp3.mp3 | 520.52 KB |
Trabalinguas Aaron.mp3 | 531.02 KB |
Trabalinguas Xabi.mp3 | 1.97 MB |