COLABORA COA TÚA FAMILIA, DESEÑA UN LOGO PARA O NOSO COLE
1.- Participantes.
Poderá participar todo o alumnado de Educación Infantil e Educación
primaria, con carácter voluntario, en colaboración coas familias.
2.- Modalidade.
Aberta a calquera tipo de modalidade artística ( acuarela, pintura, collage
deseño gráfico.
3.- Contidos.
Nome do colexio: Ceip Bibei
Localidade: Viana do Bolo
No caso de utilizar imaxes éstas deberán ser de uso libre ou de
producción propia.
4.- Entrega e identificación.
Os traballos entregaranse nun pen drive co nome do neno/a.
5.- Prazo de entrega.
A data límite de entrega será o día 1 de decembro.
Os traballos entregados fóra desta data serán excluidos.
6.- Xurado.
O xurado estará composto por dous papás, dous mestres, a directora do
centro e a secretaria que levantará acta con voz pero sen voto.
Os representantes dos pais serán escollidos a sorteo entre os membros
do consello escolar.
7.- Resolución.
O fallo do xurado farase público no festival de NADAL.
O traballo seleccionado será premiado con unha cámara FujiFilm Instax
Mini 8. Cámara analóxica instantánea ( flash, velocidade de obturación fixa
de 1/60s), color branco