Skip to Content

XORNADA DE INICIACIÓN AO BÁDMINTON

Onte o alumando de 5º e 6º de Ed. Primaria do CEIP BIBEI e o IES Carlos Casares, participaron nunha xornada de iniciación ao badminton levada a cabo polo Clube de Badminton Athlos de Ourense a través dunha iniciativa da Deputación Provincial. O obxectivo é promocionar a práctica deste deporte nos centros educativos.

Ademais, aproveitaron a saída para visitar a exposición “Nós tamén fomos emigrantes”, organizada pola Fundación Abanca e o Concello de Viana do Bolo, e da que tamén desfrutou o alumnado de 4º de Primaria. Sen dúbida, unha estupenda oportunidade que ilustra as anécdotas e vivencias contadas polos nosos maiores sobre a emigración, e que nos axuda a empatizar coas compañeiras e compañeiros que chegan ao noso cole.

Álbum: Curso 2024-2025 -> Xornada de bádminton

MAGOSTO 2024

Castañas asadas, bolos preñados, xogos e risas, bailes e cantos.

Álbum: Curso 2024-2025 -> Magosto

SAMAÍN 24-25

Unha vez máis, a celebración do Samaín no noso cole trouxo consigo diferentes actividades coas que disfrutamos moito.

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG) convidábanos a que participaramos na "Exposición de vasoiras terrorificamente divertidas". Todo un éxito, grazas á impresionante colaboración das familias. Testemuña delo foi a biblioteca do CEIP Bibei, onde tivo lugar a fantástica exposición e que as familias puideron visitar.

Dende o Equipo de Biblioteca e o EDLG convocaron un certame de portadas aterradoras. Os gañadores déronse a coñecer na festa de Samaín. Parabéns para eles e para todos os participantes!!

Así mesmo, o Equipo de Biblioteca tamén organizou un "apadriñamento lector". Unhas sesións de contacontos nas que o alumnado dos cursos de 3º a 6º de primaria  apadriñaba a un curso de Infantil ou 1º Ciclo para contarlle un conto.

Na Área de Música e Danza preparáronse dúas actuacións musicais. A primeira delas foi unha interpretación instrumental con frauta doce dunha adaptación da "Marcha Fúnebre" de Frédéric Chopin, que correu a cargo do alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria. Na segunda participou todo o centro, creouse unha coreografía para a canción "Os terrores favoritos" de Kókiti Música.

Parabéns a todos pola vosa participación e implicación!!

Se premedes na imaxe podedes dar conta do ben que o pasamos!!

Álbum: Curso 2024-2025 -> SAMAÍN 24-25

MENÚ NOVEMBRO

"As mulleres que nos levaron á Lúa"

O corredoiro dos despachos do CEIP Bibei de Viana do Bolo,en colaboración  co Club da Ciencia presenta "As mulleres que nos levaron á Lúa', promovida pola Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo en colaboración coa Deputación de Ourense e Exxperimentaenfemenino.Nesta exposición amósanse algunhas das mulleres claves no éxito da misión Apolo XI e da posterior conquista do espazo.Sen esas mulleres, invisibilizadas durante demasiado tempo,non estariamos planeando as próximas misións espaciais.Todas elas constitúen modelos a seguir para as novas xeracións.

Podemos gozar desta exposición itinerante durante a segunda quincena de outubro e ata o 4 de novembro no noso centro, grazas á Universidade de Vigo e a súa encargada e profesora  Dona Nieves Lorenzo. 

Álbum: Curso 2024-2025 -> As mulleres que nos levaron á Lúa
Distribuir contido
Usando tecnoloxía Drupal, un sistema de xestión de contidos de fontes abertas


by Dr. Radut