Bo día familias,
De conformidade coa disposición adicional primeira da Orde da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades do 21 de outubro de 2022, que regula o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, o próximo día 15 de xaneiro de 2024 inícianse os trámites do procedemento (código ED550A), coa reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa.
O prazo de presentación de solicitudes abranguerá do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro do 2024, ambos incluídos.
Tanto a presentación das solicitudes como a consulta das listaxes de admitidos, que se publicarán o día 22 de febreiro, deberán realizarse no centro no que está matriculado o alumnado no presente curso ou a través da aplicación admisionalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/).
Adxúntanse en PDF as instrucións, o documento de solicitude de reserva de praza e o documento de renuncia ao centro adscrito.
Un saúdo.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
INSTRUCIÓNS PARA A RESERVA DE PLAZA..pdf | 235.91 KB |
RENUNCIA A CENTRO ADSCRITO.pdf | 67.32 KB |
SOLICITUDE RESERVA DE PRAZA.pdf | 1.23 MB |