Bo día,
No día de hoxe, en convocatoria extraordinaria do Consello Escolar, aprobouse a listaxe provisional de usuarios de comedor para o curso 23/24, seguindo a instrucción 3/2023 da secretaría xeral técnica da consellería de cultura, educación, formación profesional e universidades sobre funcionamento dos comedores escolares de xestión indirecta no curso escolar 2023-2024. O criterio para o desempate (letra U) foi aprobado polo Consello Escolar na mesma convocatoria.
A listaxe estará exposta no hall da entrada do centro educativo. A data límite para presentar reclamacións á listaxe provisional será o venres 14 de xuño ás 13.30h.
Un saúdo,
Equipo Directivo.