Skip to Content

Normalización

O CEIP BELESAR GAÑADOR NOS “PREMIOS CAMIÑO DE SANTIAGO”

O curso pasado, desde o CEIP Belsar, participamos nuns premios do Camiño de Santiago enviando varios traballos, entre eles, o video que fixemos co alumnado de 6º.

Concedéronnos o premio xunto con outro cole.

A entrega de premios tivo lugar esta mañá en Santiago á que acudiron a profe Paz e algunhas alumnas do ano pasado.

 

Noraboa a todos os participantes e moitas grazas a tódolos mestres/as ilusionados e implicados, aos nenos/as e a toda a Comunidade Educativa.

 

FOTOS SAMAÍN-HALLOWEEN 2015

Como é tradición, este ano, voltamos a festexar unha das nosas festas preferidas... Aquí tedes as fotos de todo o que fixemos: murais, calacús, festival con cancións, obradoiros de cociña, arte libre... 

 

 

XOGOS COOPERATIVOS. SETEMBRO 2015

Xa comezou o novo curso 2015-2016 e, como é tradición no CEIP Belesar, os primeiros días de curso, fixemos xogos cooperativos para coñecernos mellor e desfrutar xuntos.

Aquí tedes algunhas fotos dos vosos fillos/as.

 

 

 

                      

VOTA POLO NOSO VÍDEO

ESTE MARTES ANDIVEMOS NAS PÁXINAS DO ATLÁNTICO

PINCHA NA IMAXE PARA IR AO ARTIGO

 

Eu son Rosalía

Rosalía de castro naceu o 24 de febreiro do 1837 en Santiago de Compostela. É unha das meirandes escritoras en lingua Galega, defensora da cultura e identidade galega. Este ano co gallo do seu aniversario, a Asociación de Escritoras e escritores en Lingua Galega, propón facer un video baixo o lema Eu son Rosalía.

Esta é  a nosa aportación!

Final do Musical Val Miñor- Belesar , historia e cronoloxia de 25 anos

Despois dun ano de traballo rematamos as actuacións do Musical Val Miñor- Belesar , historia e cronoloxia de 25 anos. Fixemos pases no cole de Belesar, na mostra de teatro de Vigo, no cole Lope de Vega de Vigo e nas I Xornadas de Teatro de Baiona. Grazas aos nenos e nenas polo traballo e por desfrutar do teatro e da múscia. Fixéstedes emocionarnos coas vosas voces e pola maxia que poñedes en cada actuación.

Os vosos mestres e Olalla e Paz que estiveron ao voso caron todo o tempo estamos moi orgullosos do voso traballo.

Noraboa!

I XORNADAS DE TEATRO ESCOLAR EN BAIONA

Este ano, por primeira vez, celebramos as I Xornadas de Teatro Escolar de Baiona, nas que participamos xunto co colexio de Fontes.

                  
I XORNADAS DE TEATRO ESCOLAR - Movie Maker

Belemúsica

Grazas por este mércores con notas musicais!

25 anos de letras Galegas

O CEIP Belesar festexa os seus 25 anos de vida, homenaxeando aos 25 autores das Letras Galegas deses anos.

O alumnado do cole ponlle voz as súas verbas!

Moitas grazas nenos, mestres e mestras polo voso traballo.

Distribuir contenido


by Dr. Radut