O alumnado de 6º de primaria coma despedida do cole, disfrutou de tres días en Manzaneda, xunto co alumnado do CPI Cova Terreña. Participaron nos obradoiros e compartiron experiencias que os levaran xuntos o ano que ben.
Grazas por todos estes anos e moitisima sorte no camiño
Estrea do musical Valmiñor-Belesar, historia de 25 anos no Auditorio do Concello de Vigo. O alumnado do 3 ciclo e exalumnos mostraron a vida do cole desde 1989 ata 2014, coas marabillosas voces e as gaitas dos Novos Galiños de Belesar. A seguinte actuación será este mércores 14 de maio no cole en sesión de mañá e de tarde.
Os nosos nenos e nenas do 3 ciclo, da man dos antigos alumnos que participan con nós e os Galiños de Belesar están preparando a estrea do Musical Valmiñor- Belesar, cronología de 25 anos. En referencia ao novo disco do Miñorano Iván Ferreiro, Valmiñor-Belesar é un musical onde recolleremos os 25 anos de vida do colé e da música. A estrea será o 5 de maio no Auditorio do Concello de Vigo. Despois actuarán o mércores 14 de maio no cole e o xoves 5 de xuño no Auditorio v Centenario en Baiona.
Unha semana de vivencias, encontros, frío, emocións...aprendendo moito inglés. Aqui tedes o noso proxecto da semana de Inmersión Lingüística en Priego. Unha curta na que os nenos e nenas do 3 ciclo falan da necesidade de coidar o que nos arrodea, xa que todos formamos un único mundo.
O alumnado do 3º ciclo do cole expresou a través da canción 80 veces de Rozalen, o seu ánimo a todas as persoas que deciden rodearse de xente que as queiran e apoien, deixando de lado situacións que non nos aportan nada. Cantando e con linguaxe de signos, apostan pola felicidade. A nosa aportación no día en contra da violencia de xénero.