A compañía Tropa de Trapo enche o Teatro García Barbón de Vigo cos relatos de Antía, Wamba e ou regato pequeno.
A obra teatral componse de catro historias que axudan a reflexionar sobre a solidariedade, a igualdade e o que nos podemos aportar uns aos outros. Os catro contos saen da boca de Wamba, un mozo do Congo que un día topouse con Antía, unha nena galega. Xuntos descubriron que podían compartir moito máis do que pensaban.
Ao longo do espectáculo, Wamba cóntalle a Antía relatos que falan de África e de Europa, do que nos sobra e do que nos falta, de compartir de verdade, valorar o importante, rir, mirar ao futuro con esperanza. Estes contos, pensados para bailar, cantar e xogar, tamén fan sentir e pensar.
Todo está hilado polo refrán da avóa de Wamba: o río énchese de regatos pequenos.
Alí estaban os nosos alumnos de 2º, 3º e 4º.