A última semana do febreiro o meco enviounos distintas ordes: vir de películas de ciencia ficción, cómicas, musicais...o xoves 28 celebramos o festival pola tarde na vosa compañía. Á volta queimamos e choramos polo meco.
Unha das actividades na aula de 4 anos dentro do seu Plan Proxecta Animais do camiño foi a visita das familias para presentar as súas mascotas. Cada familia firmou no libro de visitas, quedou moi chulo!
Para seguir traballando contidos dos nosos Plan Proxectas o pasado xoves e venres os nenos de Infantil, 1º, 5º e 6º tiveron unha charla na que lles ensinaron unha morea de cousas sobre as Ilals Atlánticas de Galicia. O pasaron realmente xenial!