Música e Expresión Corporal
Dentro dos proxectos do CEIP Belesar está a ilusión de tender unha ponte entre a ciencia e a arte, coñecemento e emocións. Conscientes da importancia de crear sensibilidades e estimular sentimentos estéticos, ofrecemos na nosa aula de música non só unha linguaxe universal, senón tamén un instrumento de compaña, de enriquecemento persoal e de entretemento.
Algunhas actividades que se realizan na aula de Música:
- Música e movemento: executamos sinxelas danzas adaptadas a cada idade.
- Iniciación á linguaxe musical: lemos e escribimos sinxelas composicións musicais no pentagrama.
- Audicións e educación audioperceptiva : escoitamos anacos seleccionados de obras clásicas e modernas.
- Expresión instrumental: utilizamos instrumentos de pequena percusión, xilófonos, metalófonos e a partir de 3º comezamos a ensaiar coa frauta doce.
- Expresión vocal e canto: cantamos procurando entoar axeitadamente cancións infantís propias da súa idade.
- Asistimos a concertos didácticos que son previamente preparados na aula.
Xa que só temos unha hora á semana de clase de música, os nenos, a partir de que comezan coa frauta doce deben procurar ensaiar na súa casa aquelas cancións de frauta que son explicadas e executadas na clase para así poder avanzar e axilizar os contados musicais.
As familias controlar o horario de cada día da axenda para que non esqueza na casa o libro ou a frauta e deste xeito perder a hora a semana da música.
En 6º,na clase de informática, ademáis de aprender como se pode realizar unha páxina web co programa FrontPage implicamos a música e así , de xeito multidiscilplinar, aprenden as dúas materias xa que elaboramos un sitio web de música galega en base ao modelo que lles propoño que podedes ver pinchando na imaxe da fermosa gaita.