Queridas familias,
xa estamos de volta e toca enfrontarse a este curso tan complicado cheo de cambios. Entendemos a intranquilade que provoca esta situación e por iso convocamos reunións para todos os grupos o vindeiro luns 7 de setembro. Os horarios son os seguintes:
16.00h- Educación Infantil
17.00h- 1º, 2º e 3º de Educación Primaria
18.00h- 4º, 5º, e 6º de Educación Primaria
As familias que tedes varios fillxs podedes acudir a unha das titorías avisando aos profes previamente para que podamos organizar as reunións da mellor maneira posible.
Reunirémonos no patio exterior, gardando a distancia de seguridade e por suposto, todos/as levaremos máscara.
Só pode acudir un membro da familia de cada alumno/a e non poderá haber rapaciños. Con eles estamos desexando atoparnos o xoves e venres
Un saúdo
Claustro de mestres