YouTube @ceipbelesarbaiona | @ceip.belesar | Radio Belesar | Canle de WhatsApp |
A obra de teatro dos Gaiteiros da Xistra: "Na percura do tesouro"
A obra conta como Xurxo, o protagonista, non cría nas lendas de mouros, pensaba que iso eran cousas de vellos... Aínda así, o neno si cría que aquelas marcas que había nas pedras do monte custodiadas pola gran serpe eran as pegadas dun mapa do tesouro. Acotío insistía en que máis tarde ou máis cedo o atoparía, e sabía que á tardiña algo misterioso sucedía, que ese era o mellor momento para descifrar os enigmas. Unha noite, os cantos da moura espertárono, esas eran as claves e as probas que Xurxo debería superar. A través deste conto infantil de misterio e lenda os pequenos aprenderán romances, o son das zanfonas, alalás, cantigas, refranes, e a coñecer aos seres míticos do patrimonio lendario galego. O tesouro que todos con Xurxo atoparán: a lingua galega.
|
Pais/Nais |
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2019 |