Skip to Content

Distribución de máscaras

Bo día familias,
Saíu a orde do DOG do 28 de outubro de 2021 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en
educación primaria. Dende hoxe ata o 22 de novembro está aberto o prazo para a solicitude de máscaras.
Destinatarios:
-    Beneficiarios da axuda de material escolar (estes non terán que facer ningunha solicitude).
-    Alumnado que non fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar por diferentes circunstancias,
-    pero:
-    a) Pertenza a familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.
-    b) Estea matriculado en educación especial, ou suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia ou teña unha discapacidade igual ou superior ao 65%, con independencia da renda da unidade familiar.
Axuntamos DOG coas instrucións e ANEXO I que habería que entregar cuberto no centro para ser tramitada.


Un saúdo
Equipo Directivo

AdjuntoTamaño
Anexo I e II -ED330E -Máscaras.pdf101.33 KB
DOG MÁSCARAS.pdf747.25 KB


page | by Dr. Radut