Skip to Content

Día Internacional da Muller

Tal día coma hoxe pero en 1857 un grupo de traballadoras téxtiles decidiu saír as calles de NY para protestar polas pésimas condicións laborais as que estaban sometidas, sendo esta unha das primeiras manifestacións organizadas para loitar polos seus dereitos. Este suceso serviu de referencia para fixar esta data, 8 de marzo, como o  DÍA INTERNACIONAL DA MULLER. Dende entón, ano tras ano, seguimos defendendo os nosos dereitos, ogallá non fose necesario facelo.

 

O curso pasado no cole traballamos o tema da Igualdade e como colofón de todas as actividades feitas os nenos de 5º e 6º, coordinados por dúas profes, prepararon un super musical titulado "Por elas". Para os que non puidestes desfrutar del, hoxe deixámosvos un fragmento no que as nenas representaban o feito citado anteriormente. A calidade da imaxe non é excelente, pero a mensaxe é sublime.

 

 

Esta semana todos os nenos do cole fixemos un vídeo co que pretendiamos representar o noso dereito a ser; a ser todo o que queramos ser, sen deixar que ninguén nos free. Por nós, por vós, por todas as mulleres!

Como din as nenas nunha parte do vídeo: "Non me digas Feliz Dïa, levántate e loita con nós"

 



page | by Dr. Radut