Skip to Content

CONVOCADAS AS AVALIACIÓNS INDIVIDUALIZADAS DO ALUMNADO DE 3º e 6º DE PRIMARIA

RESOLUCIÓN DO 18 DE ABRIL DE 2016

A Consellería vén de publicar a Resolución do 18 de abril de 2016 pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento da avaliación individualizada dos alumnos e alumnas de 3º e 6º curso de Educación Primaria.

As avaliacións individualizadas de 3º de educación primaria e de 6º de educación primaria teñen carácter informativo e orientador para os alumnos e alumnas e familias, equipos docentes, centros e Administración educativa. Complementan a información que reciben e orientan a toma de decisións na elaboración de plans de mellora. En consecuencia, deben servir para:

- Achegar información individualizada de cada alumno ou alumna avaliado sobre o seu progreso no grao de adquisición das competencias obxecto de avaliación e contribuír á detección de dificultades na aprendizaxe.

- Achegar información e orientar os centros educativos para que, en función dos resultados obtidos polo seus alumnos e alumnas, cada centro adopte as medidas necesarias que redunden na mellora do proceso educativo.

 

- Achegar información ás familias e á Administración educativa sobre o progreso da aprendizaxe do alumnado que contribúa a orientar a toma de decisións e o establecemento de medidas encamiñadas á mellora educativa.

 

AVALIACIÓN INDIVIDUALIZADA DE 3º?

Qué avalía: o grao de dominio das destrezas, capacidades e habilidades en expresión e comprensión oral e escrita, cálculo e resolución de problemas en relación co grao de adquisición da competencia en comunicación lingüística e da competencia matemática.

Cándo se realizará: os días 24 e 25 de maio de 2016.

 

AVALIACIÓN INDIVIDUALIZADA DE 6º?

Qué avalía: A avaliación final de educación primaria ten como finalidade comprobar o grao de adquisición da competencia en comunicación lingüística, da competencia matemática e das competencias básicas en ciencia e tecnoloxía, así como o logro dos obxectivos da etapa.

Cándo se realizará: os días 11, 12 e 13 de maio de 2016.

Para máis información podedes visitar a WEB da Consellería de Educación.



page | by Dr. Radut