Skip to Content

CHARLA SOBRE A RECICLAXE

Hoxe,na biblioteca do colexio, o alumnado de 3º a 6º desfrutou dunha charla sobre a reciclaxe, a cargo de Manuel da empresa SOIL RECOVERY  en colaboración co Concello de Baiona.

Nesta charla aprendimos moitísimas cousas, pero o máis importante…

  • Non tirar os restos da poda aos contedores (hai que queimalos ou levalos ao punto limpo).
  • Podemos facer compost cos restos orgánicos.
  • Reducir para producir a menor cantidade de lixo posible.
  • Reutilizar todo o que poidamos.
  • Reciclar separando o lixo nos distintos contedores.

 

 



page | by Dr. Radut