CONMEMORACIÓNS

Día do Libro. Barrantes queda na casa lendo.

Deixámosvos as vosas imaxes no Día do Libro, Barrantes queda na casa lendo. Animámosvos a que descarguedes a imaxe e vos busquedes nela. Moitas grazas por participar.

23 de abril. Día do libro

"A lectura ábrenos as portas do mundo que te atrevas imaxinar".

Feliz día do libro.

Mochilas viaxeiras

Como en anos anteriores, neste mes de febreiro iniciamos a actividade das Mochilas Viaxeiras.

 

Presentación final con100ciate!

Rematamos o curso coa exposición do traballo feito ao longo do curso sobre  o proxecto común entre Normalización e a biblioteca que lle chamamos CON100CIATE e no que participaban todas as aulas.

NORABOA!!! Un traballo impresionante!

Empezamos deixando aquí algún enlace para que botedes un ollo.

REVISTA CIENTÍFICA

TESLA O HOME QUE ILUMINOU O MUNDO

 

Letras galegas compartidas!

Aquí vos deixamos un recordatorio do mes das letra colaborando co equipo de normalización.

http://www.kizoa.es/Editar-Vídeos-Movie-Maker/d269698786kP962261938o1l1/-

Compartindo poesía

Co gallo das letras galegas no cole celebramos un estupendo concurso poético onde todos e todas colaboramos de xeitos distintos...o alumnado creando obras fantásticas,o profesorado animando a participar  e rematamos cunha estupenda celebración conxunta...

Lectura, lendo en compañía

No mes de abril os padriños e madriñas lectoras estamos de moda. No noso cole faise unha selección libre dos libros que imos ler e dos libros que queremos que nos lean e despois de xeito máxico Paulino organízanos os turnos de lectura.

A lectura é emocionante, pero non  saber quen vai ler o libro que escollín tamén forma parte da ilusión e logo non saber a quen le cada neno/a tamén é moi especial...polos corredores estase continuamente falando de libros, de lectura...

Noraboa a todos e todas os que nestes días adicachedes un anaco do voso tempo para preparar a lectura dun contiño aos vosos compis...foi estupendo ver que ben o pasábades escoitando e lendo, e agora queda aquí o enlace das imaxenes.

Tamén foron as aulas de infantil a contar aos compis máis peques.

GRACIAS "super LECTORES"

 

http://www.kizoa.es/Editar-Vídeos-Movie-Maker/d267926980kP902579602o1l1/-

 

 

Mes das Novidades

Sempre presentamos as novidades que imos mercando na biblioteca pero no mes de abril intentamos "visualizar" máis todo o que vai acontecendo na biblio e o feliz que está Paulino coas Novidades tanto nos seus amigos os libros como nas novas incorporacións que van aparecendo dentro da biblioteca: libros de realidade aumentada, máquinas de fotos, as tablets, os esqueletes, as letras, as balanzas...todos e todas estamos incluidos na biblioteca, todos os saberes e as investigacións podes atopalas nun recuncho da biblioteca...

BIBLIOTECAS CREATIVAS para todos e todas!!!

 

http://www.kizoa.es/Editar-Vídeos-Movie-Maker/d267919537kP861812676o1l1/-

MES DO LIBRO:Participando e desfrutando

Tempo do libro, mes do libro...sempre un libro ao noso carón!!!

Tanto por descubrir nos libros, quen escribiu, quen fai as ilustracións, como se fan...? Son capaz de debuxar para facer un libro, podo escribir as historias con debuxos...

Este mes do libro foi moi especial porque viñeron visitas como Abraham Carreiro, leimos na hora de ler cos compañeiros/as, fumos a outras clases, creamos o Universo dos libros, sacamos fotos lendo...

Deixovos algunha das imaxnes.

 

http://www.kizoa.es/Editar-Vídeos-Movie-Maker/d267916441kP947505454o1l1/-

 

 

 

 

Distribuir contido