Skip to Content

CLUBES DE LECTURA, PLAN DE LECTURA E PROXECTO LECTOR, A NOSA CDU, LER EN FAMILIA, CONMEMORACIÓNS

Día do Libro. Barrantes queda na casa lendo.

Deixámosvos as vosas imaxes no Día do Libro, Barrantes queda na casa lendo. Animámosvos a que descarguedes a imaxe e vos busquedes nela. Moitas grazas por participar.

23 de abril. Día do libro

"A lectura ábrenos as portas do mundo que te atrevas imaxinar".

Feliz día do libro.

Mochilas viaxeiras

Como en anos anteriores, neste mes de febreiro iniciamos a actividade das Mochilas Viaxeiras.

 

CLUB DE CIENCIA

 

Rematou un ano moi científico xa que dende o centro e a través de tódolos equipos (biblioteca,normalizacón, titorías...) fixemos que a ciencia anidase todo o curso nas aulas, nos corredores, nas saídas...e que visibilizaramos ao alumnado do club de ciencia como referentes de experiencias moi motivadoras

E aquí deixámosvos un reseume multicolor das nosas experiencias

http://www.kizoa.es/Editar-Vídeos-Movie-Maker/d280979508kP915520908o1l1/-

Presentación final con100ciate!

Rematamos o curso coa exposición do traballo feito ao longo do curso sobre  o proxecto común entre Normalización e a biblioteca que lle chamamos CON100CIATE e no que participaban todas as aulas.

NORABOA!!! Un traballo impresionante!

Empezamos deixando aquí algún enlace para que botedes un ollo.

REVISTA CIENTÍFICA

TESLA O HOME QUE ILUMINOU O MUNDO

 

LEDICIA COSTAS: Club de lectura 5º/6º

Moitas gracias Ledicia Costas por compartir momentos entrañables con nós.

Letras galegas compartidas!

Aquí vos deixamos un recordatorio do mes das letra colaborando co equipo de normalización.

http://www.kizoa.es/Editar-Vídeos-Movie-Maker/d269698786kP962261938o1l1/-

Compartindo poesía

Co gallo das letras galegas no cole celebramos un estupendo concurso poético onde todos e todas colaboramos de xeitos distintos...o alumnado creando obras fantásticas,o profesorado animando a participar  e rematamos cunha estupenda celebración conxunta...

Lendo aos peque!

E xa para rematar as madriña e padriños imos ler ós peques do cole.

http://www.kizoa.es/Editar-Vídeos-Movie-Maker/d267930307kP939946046o1l1/-

Lectura, lendo en compañía

No mes de abril os padriños e madriñas lectoras estamos de moda. No noso cole faise unha selección libre dos libros que imos ler e dos libros que queremos que nos lean e despois de xeito máxico Paulino organízanos os turnos de lectura.

A lectura é emocionante, pero non  saber quen vai ler o libro que escollín tamén forma parte da ilusión e logo non saber a quen le cada neno/a tamén é moi especial...polos corredores estase continuamente falando de libros, de lectura...

Noraboa a todos e todas os que nestes días adicachedes un anaco do voso tempo para preparar a lectura dun contiño aos vosos compis...foi estupendo ver que ben o pasábades escoitando e lendo, e agora queda aquí o enlace das imaxenes.

Tamén foron as aulas de infantil a contar aos compis máis peques.

GRACIAS "super LECTORES"

 

http://www.kizoa.es/Editar-Vídeos-Movie-Maker/d267926980kP902579602o1l1/-

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut