Presentación

Día do Libro. Barrantes queda na casa lendo.

Deixámosvos as vosas imaxes no Día do Libro, Barrantes queda na casa lendo. Animámosvos a que descarguedes a imaxe e vos busquedes nela. Moitas grazas por participar.

23 de abril. Día do libro

"A lectura ábrenos as portas do mundo que te atrevas imaxinar".

Feliz día do libro.

Día das Bibliotecas. Curso 21-22

Hoxe, 26 de outubro celebramos o Día das Bibliotecas. O alumnado do colexio puido gozar cunha actuación musical, "Ramona Órbita, a Dona do tempo", levada a cabo por Paco Cerdeira, "PAKOLAS".

 

 

Contacontos

No día de onte contamos coa presenza de Pedro Brandariz, para finalizar coas actividades do Día do Libro.

 

 


 

23 de abril. Día do Libro

O pasado 23 de abril conmemoramos o Día do Libro. Levamos a cabo unha iniciativa para fomentar no noso alumnado o interese pola lectura e concretamente pola poesía. Participamos nun obradoiro poético onde contamos coa presenza da poetisa Yolanda Castaño. Unha experiencia moi positiva onde puidemos gozar creando na nosa lingua, descubrindo os segredos que garda este xénero literario.

 

 

 

Contos pola igualdade

O pasado mércores realizamos no patio do colexio uns obradoiros de igualdade impartidos por Raquel Queizás.

 

 

 

 

 

 

 

Semana da Prensa

Un ano máis conmemoramos a Semana da Prensa, do 8 ao 12 de marzo. Fixemos unha exposición de xornais diversos nas aulas e un Mural Xornalístico, con novas aportadas polo alumnado sobre o medio ambiente, a saúde e a alimentación saudable.

 

 

 

 

Mochilas viaxeiras

Como en anos anteriores, neste mes de febreiro iniciamos a actividade das Mochilas Viaxeiras.

 

CLUB DE CIENCIA

 

Rematou un ano moi científico xa que dende o centro e a través de tódolos equipos (biblioteca,normalizacón, titorías...) fixemos que a ciencia anidase todo o curso nas aulas, nos corredores, nas saídas...e que visibilizaramos ao alumnado do club de ciencia como referentes de experiencias moi motivadoras

E aquí deixámosvos un reseume multicolor das nosas experiencias

http://www.kizoa.es/Editar-Vídeos-Movie-Maker/d280979508kP915520908o1l1/-

Presentación final con100ciate!

Rematamos o curso coa exposición do traballo feito ao longo do curso sobre  o proxecto común entre Normalización e a biblioteca que lle chamamos CON100CIATE e no que participaban todas as aulas.

NORABOA!!! Un traballo impresionante!

Empezamos deixando aquí algún enlace para que botedes un ollo.

REVISTA CIENTÍFICA

TESLA O HOME QUE ILUMINOU O MUNDO

 

Distribuir contido