Lectura, lendo en compañía

No mes de abril os padriños e madriñas lectoras estamos de moda. No noso cole faise unha selección libre dos libros que imos ler e dos libros que queremos que nos lean e despois de xeito máxico Paulino organízanos os turnos de lectura.

A lectura é emocionante, pero non  saber quen vai ler o libro que escollín tamén forma parte da ilusión e logo non saber a quen le cada neno/a tamén é moi especial...polos corredores estase continuamente falando de libros, de lectura...

Noraboa a todos e todas os que nestes días adicachedes un anaco do voso tempo para preparar a lectura dun contiño aos vosos compis...foi estupendo ver que ben o pasábades escoitando e lendo, e agora queda aquí o enlace das imaxenes.

Tamén foron as aulas de infantil a contar aos compis máis peques.

GRACIAS "super LECTORES"

 

http://www.kizoa.es/Editar-Vídeos-Movie-Maker/d267926980kP902579602o1l1/-