Skip to Content

Blogues

MAGOSTO 2017

Aqui unha pequena presentación da celebración do Magosto 2017 no cole!.

25 de Novembro- Díá Ínternacional contra a Violencia de Xénero

Día Internacional de la Eliminación de la Violencia contra la Mujer25 de noviembre

 
Lazos, miradas, silencios...non máis violencia da FORMA que sexa, non máis medos, nos máis asasinatos...NON ...NON...NON
Unímonos á Dar a Cara PARA que esta lacra remate xa... Dende infantil ata primaria toda a semana lévamos traballando a través dos contos e en especial Artur e Cleméntina, a tématica que nos ocupa e preocupa como e a violencia contra a muller...
A radio do cole reflexa a través das nosas ondas a problemática social que vivimos da man dos nenos e nenas de 5º.
E as profes animámonos a representar a obra de teatro Artur e Clementina.
 

  • A VIOLENCIA DA MULLER É´UNHA VIOLACIÓN DOS DEREITOS HUMANOS.
  • A VIOLENCIA DA MULLER É CONSECUENCIA DA DISCRIMINACIÓN QUE SOFRE, TANTO EN LEIS COMO NA PRÁCTICA, E A PERSISTENCIA DE DESIGUALDADES POR RAZÓN DE XÉNERO.
  • A VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES PÓDESE EVITAR. A PREVENCIÓN É POSIBLE E ESENCIAL.
  • A VIOLENCIA CONTRA A MULLER SEGUE E SER UNHA PANDEMIA GLOBAL.
 

MAGOSTO 2014

Magosto        2014
Este venres celebramos na escola o magosto. As castañas asadas estaban moi ricas e quentiñas e compartimos coas familias un ratiño tranquilo de festa e xogo. O tempo fixo unha tregua e finalmente o sol deixounos un tempo de disfrute. Gracias a todos por compartir e disfrutar deste momento.
 

MARTES, 4 DE NOVIEMBRE DE 2014


 
SAMAÍN
O pasado xoves 30 de outubro celebramos o Samaín. Os nenos e nenas de infantil e primaria participaron dos talleres que con moito entusiasmo e saber facer levaron a cabo os maiores de 5º e 6º de primaria. Así maquillaron , ensinaron  a facer monstros en infantil, fixeron colares de medo,... Despois as familias compartiron con nós riquisimos postres destas datas e a decoración encheu de maxia este día. O cine chegou tamén as aulas con Cazafantasmas para primaria e Dora en Hallowen para os de infantil.

A expoxición de cabazas, tan fermosa coma tódolos anos, adornou o pasillo do medo con moita arte.



 

 
VISITA A CASA DA CULTURA- OUTUBRO 2014
 
Este luns estivemos na Casa da Cultura en Tomiño para descubrir o xacemento romano de Currás, un dos mais importantes de Galicia.
 




OBRADOIRO DE CABAZAS


Coa chegada do Samaín e o outono a escola apareceu un día chea de cabazas. Que pasa aquí ? Profe saíron cabazas no patio!  Vaites, semella que Paulino andivo por aquí e fixo medrar as cabazas tamén como no conto das fabas máxicas.
E que vos parece se facemos un obradoiro de cabazas? siiiii.
 Os de infantil puxémonos mans á obra e ...como disfrutamos con este obradoiro! 
Tania cantos coitelos tes!...un fan ollos, outros vacían, outro para a boca!...
pero, a que non dan medo? Nooooo
Esta me gusta moito profe! Mira que distintas son as cabazas!




COAS MANS NA TERRA

Este ano iniciamos un novo curso enchido de terra, de ben facer, de moita ecoloxía e de reflexionar sobre as boas prácticas ecolóxicas da horta e no invernadorio. A agricultura ecolóxica vai entrar de cheo en Barrantes; sempre estivo presente pero este ano queremos tomar se cabe máis conciencia da mesma.
Esta semana se presentará o programa de actividades ao longo dos trimestres aos peques de primaria e de infantil. Tamén comenzan a funcionar de novo as pandas bolboreta e os detectives verdes.

E así como quen non quere a cousa hai como 15 días plantamos na horta unha planta ( semella unha patata no sabor) que se chama CHU_CHU ou CHAYOTE e medra como unha enredadera. Chegou a escola da man dunha familia de tres anos e comenzamos a investigar sobre ela. Despois do comedor xemos a súa plantación e mesmo a comemos e probamos porque Tania a trouxo cocida. 
Que rica! Sabe a patata!
 

SÁBADO, 18 DE OCTUBRE DE 2014


 
CURSO ESCOLAR 2014-2015

Xa levamos un tempo na escola, compartindo, soñando, aprendendo contigo,  sachando palabras, cociñando emocións, abrindo os olliños, escoitando que estás aí ao meu carón, cantando contigo, ... facendo contigo ESCOLA.

SIMPOSIUM DE ESCULTURA TOMIÑO




 

E XA ESTAMOS DE VOLTA!

Para descubrir novos sorrisos, para voltar a mirarnos dende preto, dende lonxe; para descubrirnos nos outros; para soñar con novos proxectos; para abrazarnos e querernos; para axudarnos, e... para medrar dende aquí á vida...longo camiño! 

As mestras e mestres da escola xa estamos aquí...e ao noso carón tedes o voso sitio.

E ás novas bolboretas de 3 anos, aos nenos e nenas que este ano se incorporan por primeira vez ao centro... temos un saquiño cheo de apertas e sorrisos para vós.

 

Vémonos o día 10 de setembro

Distribuir contido


by Dr. Radut