Skip to Content

Maio 2019

Letras galegas compartidas!

Aquí vos deixamos un recordatorio do mes das letra colaborando co equipo de normalización.

http://www.kizoa.es/Editar-Vídeos-Movie-Maker/d269698786kP962261938o1l1/-

Compartindo poesía

Co gallo das letras galegas no cole celebramos un estupendo concurso poético onde todos e todas colaboramos de xeitos distintos...o alumnado creando obras fantásticas,o profesorado animando a participar  e rematamos cunha estupenda celebración conxunta...

Lendo aos peque!

E xa para rematar as madriña e padriños imos ler ós peques do cole.

http://www.kizoa.es/Editar-Vídeos-Movie-Maker/d267930307kP939946046o1l1/-

Lectura, lendo en compañía

No mes de abril os padriños e madriñas lectoras estamos de moda. No noso cole faise unha selección libre dos libros que imos ler e dos libros que queremos que nos lean e despois de xeito máxico Paulino organízanos os turnos de lectura.

A lectura é emocionante, pero non  saber quen vai ler o libro que escollín tamén forma parte da ilusión e logo non saber a quen le cada neno/a tamén é moi especial...polos corredores estase continuamente falando de libros, de lectura...

Noraboa a todos e todas os que nestes días adicachedes un anaco do voso tempo para preparar a lectura dun contiño aos vosos compis...foi estupendo ver que ben o pasábades escoitando e lendo, e agora queda aquí o enlace das imaxenes.

Tamén foron as aulas de infantil a contar aos compis máis peques.

GRACIAS "super LECTORES"

 

http://www.kizoa.es/Editar-Vídeos-Movie-Maker/d267926980kP902579602o1l1/-

 

 

Mes das Novidades

Sempre presentamos as novidades que imos mercando na biblioteca pero no mes de abril intentamos "visualizar" máis todo o que vai acontecendo na biblio e o feliz que está Paulino coas Novidades tanto nos seus amigos os libros como nas novas incorporacións que van aparecendo dentro da biblioteca: libros de realidade aumentada, máquinas de fotos, as tablets, os esqueletes, as letras, as balanzas...todos e todas estamos incluidos na biblioteca, todos os saberes e as investigacións podes atopalas nun recuncho da biblioteca...

BIBLIOTECAS CREATIVAS para todos e todas!!!

 

http://www.kizoa.es/Editar-Vídeos-Movie-Maker/d267919537kP861812676o1l1/-

MES DO LIBRO:Participando e desfrutando

Tempo do libro, mes do libro...sempre un libro ao noso carón!!!

Tanto por descubrir nos libros, quen escribiu, quen fai as ilustracións, como se fan...? Son capaz de debuxar para facer un libro, podo escribir as historias con debuxos...

Este mes do libro foi moi especial porque viñeron visitas como Abraham Carreiro, leimos na hora de ler cos compañeiros/as, fumos a outras clases, creamos o Universo dos libros, sacamos fotos lendo...

Deixovos algunha das imaxnes.

 

http://www.kizoa.es/Editar-Vídeos-Movie-Maker/d267916441kP947505454o1l1/-

 

 

 

 

Imos a ler: Madriñas e padriños

E como non pode faltar, chega o momento no que o alumnado neste mes vai escoitar e vai ler aqueles libros que foron elexidos e despois iremos a ler a clase dos peques...canta emoción!!!

Pero mirade que apretada está a axenda de lecturas e ademais temos unhas super entradas que nos din onde imos a escoitar e quen nos vai ler.

MES DO LIBRO:A tope coa lectura

Chegou o mes máis desexado por todo o alumnado, chega o mes nos que os libros voan polos corredores e as historias parecen convertirse en realiddaes máxicas...

Mirade que cartaz máis variado:

 e chegaron as estrelas a Barrantes, o planetario fixonos viaxar polo universo dos libros.

 

 



by Dr. Radut