Skip to Content

VISITA DE MARIA ALONSO SEISDEDOS

 

 

 

 

Este venres, 23 de marzo, María Alonso Seisdedos acudirá ao noso cole.

Teremos a sorte de coñecer á tradutora de "Malala e o lapis máxico", un libro que amosa como se pode abrazar a esperanza, mesmo nos momentos máis difíciles.

Agardámola impacientes!

CONCURSO DE RECITADO POÉTICO "ROSALÍA SEMPRE VIVA"

 

 

 

 

 

O sábado, 10 de marzo, tivo lugar na Casa-Museo Manuel María (Outeiro de Rei-Lugo) a fase final do concurso de recitado poético "Rosalía sempre viva". A finalidade do concurso é a potenciación da expresión oral e a creatividade do alumnado a través do coñecemento e recitado da obra de Rosalía e de Manuel María.

O noso centro participou na primeira e na segunda categoría:

- 1ª categoría (1º, 2º e 3º de Primaria)

- 2ª categoría (4º, 5º e 6º de Primaria)

 

Foi unha xornada onde gozamos e compartimos versos, a beleza da palabra convertiuse no abeiro dunha mañá de vento e choiva.

 

Ademais regresamos con premio!

Na segunda categoría, IZAN PÉREZ ASENSIO, conseguiu o 1º PREMIO polo recitado do poema "Teño un niño de tolos pensamentos", de Rosalía de Castro.

 

 Queremos agradecer ás familias e a todo o alumnado a súa participación e ilusión!

 

Xa estamos pensando na V edición!

 

FROITA NA ESCOLA

Como xa sabedes, o centro participa no programa "Froita na escola", unha proposta que ten a finalidade de concienciar sobre a importancia de introducir a froita na dieta cotiá para adquirir unha alimentación sa e equilibrada. 

As dúas vindeiras semanas ( dende o 5 ao 16 de marzo) teremos froita na hora do recreo, porén, non será preciso que traian merenda.

 

 

COMEZA O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN PARA O VINDEIRO CURSO 2018/19

Dende o día 1 ata o 20 de marzo, ábrese o prazo para a presentación de solicitudes de admisión de alumnado de novo ingreso para o vindeiro curso escolar 2018/19.

 

 

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

Achégase o momento de reservar praza para o vindeiro curso, así que abrimos as portas a todas aquelas familias interesadas en coñecer como funciona o noso centro os seguintes días:

  • Xoves 22 de febreiro ás 13:00 horas.
  • Venres 23 de febreiro ás 16:30 horas.

 

CEIP BARRANTES

 

 

 

  

TURONIA 2024

Como todos os anos volvemos a ter a actividade estrela de todos os centros do concello de Tomiño, 6º participou no vixésimo cuarto Turonia!!!

1º Día:

Comezamos o xoves en Pinzás, no Chan do Cereixo onde vimos o nacemento do río da Pedra e descubrimos que os primeiros tomiñeses viviron alí fai moitos miles de anos, no paleolítico. 

Despois gran andaina ata Vilachán do Monte, con parada polo camiño para aprender a usar os catalexos e observar Baiona e as Illas Cíes. Baixamos en autobús para comer, socializar e levar a cabo unha actividade de orientación na Campuzada.

Pola tarde volvemos a camiñar ata Barrantes, despois de recuperar forzas coas merenda. No colexio de Barrantes agardábanos a colaboración das familias dos nosos centros para montar as tendas mentres gozabamos dunha mais que merecida ducha.

Ceamos e bailamos a tope cun gran espectáculo musical a cargo de Lara Villaverde e “A resaca de Massiel” que de forma completamente altruísta nos fixeron brincar ata a unha da madrugada. Custounos baixar revolucións, pero intentamos descansar para o segundo día.

2º Día:

Levantámonos moi cansos o venres, e sacamos forzas de onde puidemos para recoller todo o noso material e despois de almorzar preparamos as bicicletas.

Fomos en bicicleta dende Barrantes ata o río da Pedra, onde levamos a cabo diversas actividades, e de novo retomamos a bicicleta para rodar ata o espazo fortaleza, chegamos con moito cansazo e calor, pero recuperamos forzas co xantar.

Pola tarde demos unhas voltas en piragua polo río niño coa axuda dos “Teixugos”, que ritmo teñen estes rapaces. 

Finalmente retomamos a bicicleta para volver ata o Caselles onde demos por rematado este Turonia 2024.

Un Turonia que nunca olvidaremos!!!

Agradecer tamén a colaboración das familias, ANPAS, comunidades de montes e todas esas persoas que de forma altruísta nos botaron unha man.

Mes da Ciencia

O pasado mes de Novembro foi o MES DA CIENCIA e estivo cheo de actividades, entre elas as levadas a cabo polo científico David Ballesteros. Todo o alumnado, desde infantil a primaria, gozaron cos experimentos de David, unha mestura entre ciencia e maxia. Incluso algún púxose na pel dos científicos en científicas empregando material de laboratorio para diversas experiencias relacionadas coa densidade ou coa fotosíntese.

Recursos Departamento de Orientación

Distribuir contido


by Dr. Radut