Skip to Content

Proceso de admisión. Curso 23-24.

Informamos que todo o alumnado que presentou solicitude de admisión no período ordinario resultou admitido.

Proceso de admisión. Curso 23-24.

Mañá comeza o proceso de admisión para o alumnado de nova incorporación ao centro, para o curso 2023-2024.

 

 

Portas abertas 2023

O vindeiro 1 de marzo comeza o período de admisión para o curso 2023-2024. Ven a coñecernos.

25N- Día internacional contra a violencia de xénero.

Con motivo do 25 de novembro (Día internacional contra a violencia de xénero) realizamos diversas actividades: estampamos con pintura unha man branca nun mural violeta para reivindicar o noso rexeitamento ante calquera tipo de violencia e elaboráronse dous vídeos: un co alumnado de 6º de primaria e outro con todo o alumnado e a canción da porta violeta de Rozalén.
 

Estes vídeos visualizámolos todos xuntos nun acto común, ademais de gardar un minuto de silencio. 

(Os vídeos atópanse nos arquivos adxuntos de debaixo da publicación).

Solicitude praza Comedor Escolar 22-23

Estimadas familias:

Xa podedes solicitar a praza de comedor escolar para o vindeiro curso (axuntamos impreso).

 

Fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar. Curso 22-23

Achégase nota informativa sobre o "Fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar. Curso 22-23", e os impresos para a súa solicitude.

 

 

 

Admisión alumnado 2022-2023

Adxuntamos documento cos prazos de admisión e matrícula para o curso 22-23, as prazas dispoñibles para cada curso e o procedemento a seguir para a reserva de praza.

Xornada de Portas Abertas

Ven a coñecernos!!!

Xornada de portas abertas do 14 ao 24 de febreiro. Chama ou envía un correo electrónico e reserva a túa cita!

O prazo para realizar as solicitudes de admisión do alumnado no centro vai do 1 ao 20 de marzo.

Esperámosvos!!

 

Información Becas 2021-2022

Distribuir contido


by Dr. Radut