LER EN FAMILIA

Imos viaxar coas MOCHILAS VIAXEIRAS!!!

Xa chegaron as mochilas,un pouco tarde pero Paulino non daba chegado da súa viaxe.Aqui vos deixo a súa carta.

E tamén vos deixo os enlaces recomendados por Paulino:

 

 E a postal de viaxe que podedes deseñar coa vosa familia para facer unha exposición entre todos e todas.

Paulino anima coa Boa lectura!!!

Paulino déixavos unhas pequenas recomendacións para agasallar neste Nadal...e tamén quere desexarvos uns días cheos de PAZ e AMOR!!!

 

Dia da Infancia, 20 N

Deixamos o enlace para ver cos vosos fillos e fillas os debuxos que traballamos co gallo da celebración do día da Infancia.

Compartir momentos en FAMILIA é fundamental na vida dos nosos nenos e nenas,animadevos a velos!!

https://youtu.be/3scOr_d9Dwo

https://youtu.be/2mfkYtZkPVQ

https://youtu.be/2UMjSZaMY2Y

MOCHILAS VIAXEIRAS

Xa  era hora que PAULINO se animara a enviarnos a carta das MOCHILAS!!!

Aquí tedes a carta e unhas fotiñas dese acontecemento tan esperado polo alumnado...

http://www.kizoa.es/Movie-Maker/d32455737k3128400o1l1/defmochilas

 

PAULINO recomenda neste Nadal

Xa está de novo unha das épocas entrañables para pensar en agasallar aos fillos,fillas,tías,avós,amigas...un bo libro onde poder voar coa imaxinación.

Aquí deixamosvos as recomendacións que fixo Paulino na nosa biblioteca

O DÍA do LIBRO

E o 23 foi un día de festa!!! Un día de ARTE,un día de explosión de SABER FACER...

Gracias familias pola vosa colaboración e entusiasmo,unha vez máis estades axudándonos a que os vosos fillos e fillas sintan que na escola todos somos importantes,que precisamos a vosa axuda porque a escola SOMOS TODOS e TODAS.

Aqui vos deixo  o enlace para disfrutar da primeira parte do día,a EXPOSICIÓN !!!!

http://www.kizoa.es/Movie-Maker/d19880988k7990446o1l1/exposcclasicos

Facendo brillar ós contos clásicos

Bueno familias aquí vos deixo a carta que xa levaron os vosos fillos e fillas,xa queda menos para ver as vosas obras de arte feitas en familia e tamén queda pouco para facer entre todos os cursos do cole esa obra creativa de COOPERARTE inspirada nos contos clásicos...ummmm que sairá entre todos? unha fermosura de obra artistica e cooperativa porque as facemos con moito amor e cariño

 

!!!

 

IMOS REMATANDO OS PADRIÑOS E MADRIÑAS LECTORAS

Que peniña xa imos rematar os padriños e madriñas lectoras!! Esta vez tocounos contarlle un conto a cada neno e nena da clase.Fumos coller na biblioteca os libros para contar nas clase dos peques e que bonitos son!!!Son libros máxicos que falan,cantan... e os peques que atentos estaban...mirade!

http://www.kizoa.es/Movie-Maker/d19685792k4979241o1l1/fin-padrios

A luz de Tomiño

Levamos moito camiño andado, e para camiñar con paso firme temos que coñecer de onde vimos e poderemos saber a onde queremos chegar...

Por iso fixemos na biblio un rincón moi especial e moi importante para nós:

Mirade algunha foto da super maqueta que fixeron os alumnos e alumnas do IES de Tomiño (ex-alumnado do cole tamén)

 

http://www.kizoa.es/Movie-Maker/d19210141k5155439o1l1/maqueta0

Distribuir contido